Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo
Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento | |
---|---|
Sede do organismo | |
Información xeral | |
Formación | 11 de novembro de 1988 |
Sede central | Madrid |
Director | Aina Calvo |
Sitio web | |
http://www.aecid.es |
A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, en castelán Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), é unha Axencia Estatal de España, creada en novembro de 1988 como órgano de xestión da política española de cooperación internacional para o desenvolvemento e dirixida á loita contra a pobreza e o desenvolvemento humano sostible.[1]
Está adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España a través da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional y para Iberoamérica y el Caribe (SECIPIC).
A estrutura externa da AECID está formada por Oficinas de Cooperación Técnica (OTC), Centros Culturais (CC) e Centros de Formación (CF), situados nos países onde desenvolve as súas actividades. En total, a Axencia ten máis de mil traballadores, tanto na sede como nos seus centros no estranxeiro e está presente en 33 países.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo". cooperacionespanola.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29/09/2018. Consultado o 15/9/2016.
- ↑ "Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID)". www.exteriores.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 25/07/2018. Consultado o 15/9/2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da Axencia Arquivado 01 de xullo de 2011 en Wayback Machine.