Agate (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agate
FunciónExperimental
país de orixeFrancia
Tamaño
altura8,5 m[1]
diámetro0,80 m[1]
Etapas1[1]
foguetes derivados
FamiliaPedras preciosas[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosHammaguira, Île du Levant[1]
Total de lanzamentos12[1]
exitosos11[1]
fallos1[1]
Voo inaugural3 de xuño de 1961[1]
Último voo20 de abril de 1964[1]
Primeira etapa – Agate
masa cheo3200 kg[1]
impulsado por1 Mammouth[1]
potencia máxima186,0 kN[1]
propelentePropelente sólido[1]
editar datos en Wikidata ]


Agate foi un tipo de foguete francés que deu comezo á serie de foguetes chamado pedras preciosas polo nome que se lles deu e que levou finalmente ó desenvolvemento do foguete Diamant.[1][2]

O foguete era dunha soa etapa e usaba o motor de propelente sólido NA801 Mammouth. Non estaba guiado e como establizador usaba aletas aerodinámicas. A súa función foi a de probar unha cápsula instrumental recuperable para uso en posteriores foguetes. Foi lanzado desde dous sitios: o centro de probas de motores espaciais (CIEES) en Hammaguir e o centro de probas CERES en Ile du Levant.[1]

En total lanzáronse 12 foguetes Agate, dos cales só un fallou.[1]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 3 de xuño de 1961 CIEES (Hammaguir) Voo de proba. Éxito. Primeiro voo dun Agate.
2 7 de xuño de 1961 CIEES (Hammaguir) Voo de proba. Éxito
3 13 de novembro de 1961 CIEES (Hammaguir) Voo de proba. Éxito
4 17 de novembro de 1961 CIEES (Hammaguir) Voo de proba. Éxito
5 19 de marzo de 1962 CIEES (Hammaguir) Voo de proba. Éxito
6 23 de marzo de 1962 CIEES (Hammaguir) Voo de proba. Éxito
7 18 de maio de 1963 CIEES (Hammaguir) Voo de proba. Éxito
8 21 de maio de 1963 CIEES (Hammaguir) Voo de proba. Éxito
9 19 de novembro de 1963 CERES (Ile du Levant) Voo de proba. Fallo
10 28 de novembro de 1963 CERES (Ile du Levant) Voo de proba. Éxito
11 28 de febreiro de 1964 CERES (Ile du Levant) Voo de proba. Éxito
12 20 de abril de 1964 CERES (Ile du Levant) Voo de proba. Éxito Último voo do Agate.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 Mark Wade (2011). "Agate" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Agate (VE-110)" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2018.