Adiato Djaló Nandigna
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de novembro de 1958 (66 anos) Guinea-Bissau |
Ministro das Pescas (pt) | |
5 de xullo de 2019 – 2 de marzo de 2020 | |
Primeiro ministro de Guinea-Bissau | |
10 de febreiro de 2012 – 12 de abril de 2012 (Golpe de Estado na Guiné-Bissau em 2012 (pt) ) ← Carlos Gomes Júnior – Rui Duarte de Barros (pt) → | |
Ministro dos Negócios Estrangeiros da Guiné-Bissau (pt) | |
2009 – 2009 ← Maria da Conceição Nobre Cabral (pt) – Adelino Mano Quetá (pt) → | |
Membro da Assembleia Popular Nacional da Guiné-Bissau (pt) | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Africano para a Independência da Guiné e Cabo Verde (pt) |
Adiato Djaló Nandigna, nada o 6 de novembro de 1958, é unha política de Guinea-Bissau. Traballou en 2012 como Primeira ministra interina de Guinea-Bissau, ata que o goberno foi derrocado no golpe de estado de 2012, sendo arrestada polos servizos de seguridade en 2013. Posteriormente regresou como Ministra de Defensa no gabinete do Primeiro Ministro Carlos Correia en 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2008, Adiato Djaló Nandigna traballou como Ministra de Cultura, Mocidade e Deportes.[1]
Asumiu o cargo de primeira ministra interina de Guinea-Bissau o 10 de febreiro de 2012, sendo a primeira muller en ocupar o cargo. Paralelamente tamén traballou como portavoz do goberno. Anteriormente fora Ministra de Comunicacións do Primeiro Ministro Carlos Gomes Júnior.
Foi deposta nun golpe de estado xunto co presidente interino Raimundo Pereira e outros membros civís do goberno.[2] Nandigna foi arrestada o 21 de novembro de 2013 polos servizos de intelixencia e seguridade de Guinea-Bissau, unha medida que foi criticada pola liga de Dereitos Humanos Guineana.[3]
Despois de converterse en asesora do presidente José Mário Vaz, foi nomeada para o cargo de Ministra de Defensa en 2015 baixo o mandato do Primeiro Ministro en funcións Carlos Correia.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gomes, Salvador (10 de agosto de 2008). "Guiné Bissau tem um novo governo" (en portugués).
- ↑ "Guinea-Bissau coup leaders announce transition plan". 19 de abril de 2012.
- ↑ "LGDH: Detenção da antiga Ministra Adiato Djaló Nandigna". gbissau.com. 23 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Guinea-Bissau forms new govt after two-month stalemate". 13 de outubro de 2015.