"21 Questions" é unha canción interpretada polo rapeiro estadounidense 50 Cent. Nate Dogg, quen acompaña coa súa voz, é incluído de forma non acreditada no coro e no outro. A canción foi escrita por 50 Cent, K. Risto, J. Cameron e V. Cameron para o álbum do debut comercial de 50 Cent, "Get Richo r Die Tryin'". Lanzado o 29 de abril de 2003 como o segundo single do álbum, converteuse no segundo do rapeiro en alcanzar a primeira posición nas listas de Estados Unidos despois de "In da Club". Sinalar que alcanzou a sexta posición nas listas do Reino Unido mentres que o seu anterior single aínda estaba na posición 23 das listas, conseguindo ter dous singles dentro do Top 30 o mesmo tempo. A canción foi producida por Dirty Swift e Bruce Waynne de Midi Mafia e os samples son de "It’s Only Love Doing Its Thing" de Barry White.