Dominio público: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: eo:Publikpropraĵo
Liña 17: Liña 17:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://structio.sourceforge.net/vladimir/dominio_publico.html Motivacións para ceder obras ó dominio público].
*[http://structio.sourceforge.net/vladimir/dominio_publico.html Motivacións para ceder obras ó dominio público].
* [http://www.public-domain-image.com/public_domain/public_domain.html Dominio público (Eng.)] What is public domain and how and when works become part of the public domain?





Revisión como estaba o 6 de marzo de 2009 ás 13:29

Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais, etc.

Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria. Así, as comunidades de regantes, de pastos, de bosques, etc.

Ademais, estase atopando dun tempo a esta parte que por Dominio Público enténdese aquilo que carece que dono. Esta acepción non é axeitada: o que non ten dono chámase Res nullius, 'cousa de ninguén', pero non dominio público porque se non ten dono pode ser apropiado por calquera.

Acepcións especiais

Non obstante, o sentido que se lle dá a Dominio Público na Licenza de Documentación Libre GNU é o de algo que calquera pode usar, sen poder converterse no dono, pois a propiedade corresponde á Humanidade de xeito incorporado.

Tamén neste senso, os textos son de dominio público pasados 50 anos do fenecemento do autor, en concordancia co Convenio de Berna, aínda que o dito convenio recoñece o dereito ós países signatarios a ampliar o prazo da protección (en España é de 70 anos).

Dominio público nestes casos adoita abreviarse como PD ('Public Domain').

Véxase tamén

Ligazóns externas