Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Mans e Barro. Alfareiro en Niñodaguia.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 7 a favor, ningún en contra.
Ficheiro:Mans e Barro. Alfareiro en Niñodaguia.jpg[editar a fonte]
- Información: Alfareiro en Niñodaguia, Baltar. Imaxe creada e cargada en Flickr por amaianos; proposta por Lmbuga. -- Lmbuga / Conversa comigo 16:57, 8 marzo 2010 (UTC)
- A favor
- Concordo. -- Lmbuga / Conversa comigo 16:57, 8 marzo 2010 (UTC)
- Concordo--Iago dime 17:29, 8 marzo 2010 (UTC)
- Concordo--Lala Lugo 21:13, 8 marzo 2010 (UTC)
- Concordo. Podería ligar cara o artigo cerámica. --HombreDHojalata conversa 21:55, 8 marzo 2010 (UTC).
- Concordo--Carronada 22:40, 8 marzo 2010 (UTC)
- Concordo. Elvira (conversa comigo) 14:49, 13 marzo 2010 (UTC)
- Concordo--Xoán Carlos Fraga 23:05, 24 marzo 2010 (UTC)
- En contra
Discordo --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:45, 8 marzo 2010 (UTC). Retiro o voto segundo resolución do debate no taboleiro de administradores. --Atobar (conversa comigo) 14:55, 9 marzo 2010 (UTC)- Comentario A miña razón para emitir un voto negativo, agora retirado polos administradores, é a seguinte: a imaxe toma como motivo un feito de enorme interese etnográfico, pero perde a súa capacidade descritiva por culpa dun mal encadre: os ollos vanse a fora da imaxe, preguntándose que pasará na base do cántaro, que farán aló arriba aquelas mans, quen estará tras aquelas roupas. Seguramente unha figura central máis atractiva axudaría a centrar a atención no cadro, pero esa arxila húmida, fermoso motivo da imaxe, morre baixo os efectos dun flash incontrolado que mata as texturas do barro, precisamente a materia que lle da razón de ser á imaxe. Non hai nin que dicir que sobre estes motivos non cabe a discrepancia, como non cabe discutir do que é feo ou fermoso. En todo caso xa este tema quedou resolto, como ben di Atobar. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:26, 10 marzo 2010 (UTC)
- Comentario (Non podo deixar de opinar) Quixera dar outra opinion diferente, pois para min a imaxe é case perfecta. É certo que coincido con Xoacas en que está cortado o cántaro e que noutra imaxe que tivese o cántaro como obxecto principal ese feito sería de considerable gravidade á hora de votar unha imaxe de calidade. Pero resulta que non estamos a votar unha imaxe de calidade, estamos a votar unha imaxe da semana (o cal non é o mesmo). Pero resulta, ademais, que o feito de que estea cortada permite que os ollos se centren no que na imaxe é crucial: nas mans, na acción. Así que, inda que pareza incrible, pois pasa moi poucas veces, eu considero que o feito de que estea cortada a imaxe na súa parte inferior favorece a súa calidade pois fai fincapé na acción que a imaxe expresa e non no obxecto. O obxecto é secundario, o importante é o labor. Tras disto, pensar se sería mellor un obxecto ou outro semella unha cuestión de escasa relevancia. O outro defecto que eu lle encontraba á imaxe (menos mal que Xoacas non sabía de imaxes) era o flash. Pero o flash, inda que manifesto para calquera que estea habituado a empregalo, está moi ben controlado (a imaxe non resulta queimada) e acontece que lle aporta ás mans unha viveza e expresividade que sería imposible sen luz natural. Eu non podo dicir máis. Xa me gustaría ter o tino de facer esta foto. Xa me gustaría estar con arraianos nese espazo reducido e escuro e retalo a facer fotos, pero non podo asegurar que eu obtivese de ningunha maneira mellor resultado-- Lmbuga / Conversa comigo 23:11, 10 marzo 2010 (UTC)
- Comentario Creo que tras o dito non é necesario que exprese que me encanta esta imaxe, que mesmome parece idónea para encadrar e colocar na miña casa-- Lmbuga / Conversa comigo 23:25, 10 marzo 2010 (UTC)