Wikipedia:Efemérides destacadas/12 de agosto
- 30 a.C., morre Cleopatra VII, famosa raíña exipcia, amante de Xulio César e de Marco Antonio.
- 1904, nace o último tsarévich ruso, Aleksei Nikolaevich Romanov (na imaxe).
- 1914, o Reino Unido declara guerra ao Imperio Austrohúngaro na Primeira Guerra Mundial.
- 1971, nace Pete Sampras, tenista.
- 1975, o militante galeguista Moncho Reboiras é asasinado a tiros pola policía franquista en Ferrol.
- 2000, o submarino ruso Kursk afunda no Mar de Barents.
Hoxe prodúcese a chuvia de meteoros, sendo a data máxima da chuvia de Perseidas, e tamén é o Día Internacional da Xuventude.