Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Lugo
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Votación a artigo de calidade.
Período de votación: 19/09/2010 - 19/10/2010
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Lugo[editar a fonte]
- Información: proposto por Adorian.
MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo bastante completo, ben estruturado (demografía, historia edificios de interese...), ben complentado con multitude de artigos auxiliares (como o da Muralla, o cal incluso foi de por si "Artigos destacado sobre Galicia"). Conta ademais con información actualizada e conta que unha gran cantidade de fotografías.--Adorian (fálame) 22:07, 19 de setembro de 2010 (UTC)
A favor
- Concordo. --Adorian (fálame) 22:07, 19 de setembro de 2010 (UTC)
- Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:50, 1 de outubro de 2010 (UTC)
- Concordo Penso que as eivas que aquí se comentaron xa están, chegados a este punto, satisfactoriamente subsanadas. Merece ser un artigo de calidade sen ningún xénero de dúbidas.--Paradanta (Cóntame) 13:55, 2 de outubro de 2010 (UTC)
- Concordo Que falten ou sobre algunha cousa non quita para se trate dun artigo completísimo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:55, 2 de outubro de 2010 (UTC)
- Concordo, e penso que pode axudar moito a sabermos que entra e que non nos respectivos artigos de vilas a cidades galegas. --Atobar (conversa comigo) 20:40, 2 de outubro de 2010 (UTC)
- Concordo--Hugo22 16:56, 8 de outubro de 2010 (UTC).
- Concordo Aínda que viría ben unha sección específica sobre os medios de comunicación, o artigo é completo, preciso, neutral e entendible. --Alberte Si, dígame? 21:40, 18 de outubro de 2010 (UTC)
En contra
Nulos
# Concordo. --Joaquimalbalate 05:40, 18 de outubro de 2010 (UTC)
Comentarios
Comentario Atopo algúns desequilibrios entre as partes do artigo: ao meu entender o apartado de Historia adoece de brevidade excesiva, o mesmo que o de Arquitectura relixiosa ou o de Economía. En comparación con estes, apartados como o de Deporte semellan hipertrofiados. Pospoño o meu voto á espera de ver se se amañan estes pequenos defectos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:04, 20 de setembro de 2010 (UTC)
- Comentario. A min a listaxe de persoeiros de sona non me convences en absoluto. Non porque estea mal senón porque por forza é incompleta e sobre todo subxectiva. --Atobar (conversa comigo) 00:22, 20 de setembro de 2010 (UTC)
- Comentario. A listaxe de persoeiros por mi estaba borrada directamente, deixando abaixo unha ligazón para a categoría de "Nados en Lugo". O da historia e demais apartados que decides tentarei traballar neles, aínda que realmente algún é posible que non teña moito máis que contar.--Adorian (fálame) 07:40, 20 de setembro de 2010 (UTC)
- Comentario Polo de agora vexo dúas eivas: a sección de historia (que sería suficiente se funcionara como introdución para un artigo propio da Historia de Lugo) e a sección de economía, que penso que é ampliable. --Alberte Si, dígame? 01:25, 27 de setembro de 2010 (UTC)
- Vou tratar de ampliar a historia, quizais débase ampliar a información relativa á época romana. Con respecto ao resto pódense ampliar certos eventos, aínda que realmente non hai demasiado máis, xa que hai que pensar que a cidade estivo abandoada durante séculos. Con respecto á ecomía estou na procura de información, creo que hai que falar máis dos polígonos industriais, do comercio e mesmo da industria turística.--Adorian (fálame) 10:24, 27 de setembro de 2010 (UTC)
- Comentario Ampliados os apartados de "Arquitectura relixiosa" e "Prazas e parques". Despois tentarei comezar co de economía se non lle falla nada a este. A ver se consiguo fotos dos puntos que foron ampliados o antes posible.--Adorian (fálame) 16:21, 30 de setembro de 2010 (UTC)
- Comentario Ampliada a sección de economía. Tentarei engadir fotos tamén. En principio penso que só restaría ampliar a sección de historia dentro do posible.--Adorian (fálame) 19:32, 30 de setembro de 2010 (UTC)
- Comentario. As últimas melloras nótanse. Está a quedar moi, moi ben. Tratarei de lelo detidamente nos próximos días e a partir de aí votar. Animo os demais a faceren o mesmo. --Atobar (conversa comigo) 20:07, 30 de setembro de 2010 (UTC)
- Comentario Ben, xa vin que o meu comentario quedou caduco posto que foi solucionado. Boteille outro repaso ó artigo. O que está queda perfecto, mais para votar afirmativo (é dicir para consideralo un artigo con moi pouquiño marxe de mellora) coido que faltan algunhas seccións non moi extensas. Estas seccións serían ó meu ver: Cultura, onde se fale algo dos teatros, bibliotecas, salas de cinema e institucións ou asociacións culturais (se as houber), e onde tamén metería a parte da Universidade que agora está en Economía (onde deixaría algunha frase sobre a importancia de Lugo como campus das ciencias); Transporte, servizos públicos de transporte e peculiaridades circulatorias se as houber (zonas peoniles e cousas así);
Símbolos, isto quizabes non sería unha sección en si mesma, mais considero interesante meter nalgures información sobre o seu lema Hoc hic misterium fidei firmiter profitemur e a súa inclusión no escudo da cidade; Medios de comunicación, televisións e radios locais, así como a prensa (El Progreso). --Alberte Si, dígame? 23:49, 2 de outubro de 2010 (UTC) - Comentario Parécenme unhas ideas excelentes para completar o artigo, vou tentar poñerme con elas. De transporte creo que teño bastante información para poder facer algo bo (aínda que teño que atopala).--Adorian (fálame) 09:23, 3 de outubro de 2010 (UTC)
Comentario O usuario Joaquimalbalate non reúne os requisitos estipulados en Wikipedia:Votacións, por iso risquei o seu voto como non válido. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 07:31, 18 de outubro de 2010 (UTC)
- Comentario O que comenta Alberte na votación, tentarei facer un apartado sobre os medios de comunicación tan pronto como sexa posible. Non puiden comezar a facelo antes xa que estiven a procurar información para facer un artigo completo sobre Historia de Lugo, que tamén se suxeriu que sería bo.--Adorian (fálame) 21:48, 18 de outubro de 2010 (UTC)