Wöyza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1984 (40 anos) Moaña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Wöyza, tamén escrito WöYzA, nada en Moaña o 11 de maio de 1984, é unha cantante de soul e hip hop galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Criada en Vigo, comezou a cantar en distintos grupos como adolescente, e en 2001 pasou a chamarse Wöyza. Foi cando empezou a traballar con El Puto Coke, outro mc vigués, e colaborou con el en diversos vídeos e gravacións, así como con outros artistas como os portugueses Mind da Gap e Dealema ou os galegos Zentinela e Gran Purismo[1].
En outubro de 2008 publicou integramente en Internet o seu primeiro álbum, Pisando el suelo que ves, que dous meses despois saíu ademais en formato vinilo. En 2014 recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría hip hop / músicas urbanas, galardón que repetiu en 2019.[2]
Estilo[editar | editar a fonte]
Practica un hip hop próximo ao soul[3]. As súas composicións son maioritariamente en castelán, aínda que tamén ten temas en galego.
Discografía[editar | editar a fonte]
- Promo EP (2006, maqueta)
- Pisando el suelo que ves (2008, Likor Kafé)
- Pelea (2016)
- Tábula Rasa (2019)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Myspace de Wöyza
- ↑ "Premios Martín Códax 2019". Consultado o 27 de decembro de 2019.
- ↑ La voz «negra» de Vigo suena en Yemen, La Voz de Galicia, 4/12/2008