Vivienne Cass
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Actividade | |
Ocupación | psicóloga |
Lingua | Lingua inglesa |
Vivienne Cass é unha psicóloga e sexóloga australiana. Os seus estudos versan fundamentalmente sobre a formación da identidade homosexual. Elaborou a finais da década de 1970 un modelo de desenvolvemento da identidade sexual que publicou en 1979 e se converteu no referente máis aceptado. Tal modelo, un dos primeiros deste tipo, céntrase na adquisición da orientación sexual do individuo e define seis etapas na súa vida:[1]
Modelo de Cass[editar | editar a fonte]
O modelo de Cass chamou a atención do público académico, que lle ofreceu o seu recoñecemento. En 1983 publicou unha valoración de dez teorías sobre a identidade homosexual e en 1984 os datos empíricos nos que se baseou para enunciar o seu modelo teórico. O modelo de Cass foi o punto de partida para outros traballos de investigación sobre as orientacións sexuais.[2]
Etapa | Características |
---|---|
Confusión da identidade | Iníciase cando o individuo identifica sentimentos, accións ou pensamentos que se poden etiquetar como homosexuais |
Comparación da identidade | O individuo compara os seus sentimentos, accións ou pensamentos cos doutros individuos e acéptaos provisionalmente |
Tolerancia da identidade | Iníciase cando o individuo considera probable a súa homosexualidade e remata cando a considera certa, pero se aceptación plena |
Aceptación da identidade | Os individuos teñen unha imaxe máis clara e positiva deles mesmos como homosexuais |
Orgullo pola identidade | O universo do individuo dicotomízase entre o homosexual (motivo de orgullo) e o non homosexual (motivo de carraxe) |
Síntese da identidade | As facetas pública e privada da homosexualidade fúndense nun sentimento integrado que constitúe unha parte importante pero non central do individuo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ SAVIN-WILLIAMS, R.C. (2009), La nueva adolescencia homosexual, Ediciones Morata, Fundación Paideia. Madrid. ISBN 9788471125300. (en castelán)
- ↑ "Vivienne Cass, Ph.D.". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2010. Consultado o 25 de outubro de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cass, V.C. (1984). Homosexual Identity Formation: Testing a Theoretical Model. The Journal of Sex Research, Vol. 20, No. 2, pp. 143–167. (en inglés)