Victorino Mateo Hombreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 (122/123 anos) Santalla de Devesa, España |
Alcalde da Pastoriza | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | zapateiro , político |
Victorino Mateo Hombreiro, nado en Santalla de Devesa (Friol) cara a 1901, foi un zapateiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Zapateiro afincado na Pastoriza, militou no Partido Republicano Radical e despois foi o organizador de Izquierda Republicana no concello da Pastoriza. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado alcalde da Pastoriza. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu xunto con Ramón Armesto e Manuel Murado, grazas á axuda de Benedicta Bello Pernas e o seu home Manuel Ferreiro Lamas,[1] logrando exiliarse en América. Formou parte da primeira directiva da Hermandad Gallega de Venezuela en 1960.[2]
Predecesor: ? |
Alcalde da Pastoriza 1936 |
Sucesor: ? |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Benedicta Bello, condeada a reclusión perpetua en 1937, lembrada na Pastoriza
- ↑ "La Hermandad Gallega de Caracas celebra el próximo día 12 su XX aniversario", La Voz de Galicia, 7-10-1980, p. 42.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabana, Ana (2013). La derrota de lo épico. Valencia: Publicacions de la Universitat de València. p. 178. ISBN 978-84-370-9089-4.
- Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. p. 28. ISBN 978-84-8487-635-9.