Victoria Prego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictoria Prego

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Victoria Prego de Oliver y Tolívar Editar o valor em Wikidata
11 de novembro de 1948 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de maio de 2024 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Presidenta da Asociación da Prensa de Madrid
20 de novembro de 2015 – 20 de novembro de 2019
← Carmen del Riego
Vicedirectora El Mundo
2005 – 2015 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola del CIC (en) Traducir - Q43236300 Traducir
bachelors degree in political science (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpresentadora de televisión , directora de documentais , locutor , columnista , xornalista , escritora , Tertuliano radiotelevisivo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor em Wikidata - 2024 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRadio Televisión Madrid (2018–2022)
Ábside Media (pt) Traducir (2009–2018)
Radio Televisión Madrid (2006–2011)
RTVE (2004–2018)
Unidad Editorial (en) Traducir (2000–2015)
Atresmedia (1994–2003)
Agencia Pública Empresarial de la Radio Televisión de Andalucía (RTVA) (1993–1994)
Radio Televisión Madrid (1993–1994)
RTVE (1974–1994)
Vocento
Informaciones (pt) Traducir
Hachette Filipacchi Médias (pt) Traducir
Q57577568 Traducir
Interviú (pt) Traducir
Axencia EFE
El Alcázar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesada enTransición Española Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioToya Prego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiAdolfo Prego de Oliver y Domínguez Editar o valor em Wikidata
IrmánsAdolfo Prego de Oliver y Tolivar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1400275 Dialnet: 539540 Editar o valor em Wikidata

María Victoria Prego de Oliver y Tolívar,[1] nada en Madrid o 11 de novembro de 1948[2] e finada no mesmo lugar o 1 de maio de 2024,[3] foi unha xornalista española, presidenta da Asociación da Prensa de Madrid entre 2015 e 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a filla do xornalista e dramaturgo Adolfo Prego de Oliver (1913-2000) que traballara en Blanco y Negro e fora galardoado co Premio Julio Camba;[2] tamén era irmá de Adolfo Prego, maxistrado do Tribunal Supremo. Tivo raíces familiares na provincia galega de Ourense.

Estudou Ciencias Políticas e Xornalismo. Tras uns traballos en El Alcázar, Informaciones[2] e a Axencia EFE,[3] en 1974 ingresou en Televisión Española, sendo asignada á área de internacional dos servizos informativos.[4] Nos anos seguintes desenvolveu a súa actividade no informativo da TVE 2 (entón coñecida como UHF), chamado Redacción Noche. En 1976 foi nomeada xefa da sección de internacional, e máis adiante pasou dous anos en Londres como correspondente de TVE.

De regreso a España, comezou a gañar popularidade entre 1981 e 1982 cando Iñaki Gabilondo, xefe dos Servizos Informativos de TVE, lle encargou que presentase xunto a Joaquín Arozamena, a terceira edición do Telexornal,[3] que se decidiu chamar Al cierre. Ambos os dous deron forma a unha entón nova concepción dos informativos, combinando un estilo máis próximo de transmitir noticias cun maior tempo dedicado á opinión política. Tamén foi parte da redacción que viviu e retransmitiu o golpe do 23-F dende os estudios de Prado del Rey.[3]

Entre 1982 e 1987 presentou o programa cultural El arte de vivir que dirixía Miguel Ángel Gozalo. Paralelamente, en 1983 estreou o espazo Españoles, no que tivo ocasión de entrevistar a importantes personaxes da vida política, económica, social e cultural de España.[5] Nesa época comezou tamén a colaborar coa revista Interviú. Máis adiante, e até 1986, profundou a súa experiencia xornalística na radio, presentando o informativo diario en Radio Nacional de España, así como o espazo de análise política El reloj.

En 1987, tamén en TVE, conduciu Debate. Foi nese momento cando empezou a preparar para Televisión Española un dos traballos máis destacados da súa carreira: unha serie de documentais sobre a historia recente de España, ao que se deu o título La Transición, que gustou na canle e non se estreou até 1995.[2] Por eles recibiu os galardóns: Os 16 do ano (1995), Antena de Ouro (1996), Víctor da Serna (1995) e Muller Progresista 1995.[6]

En 1994 dirixiu e presentou o programa de debate Un momento por favor para Telemadrid e Canle Sur.[7] Un ano despois colaborou con Antena 3, onde realizou unha serie de documentais coincidindo co vixésimo aniversario da morte de Franco e a subida ao trono de Juan Carlos I. Na mesma cadea durante os anos 2000 a 2003 interveu como analista política e tertuliana no programa informativo diario El primer café con Isabel San Sebastián e logo con Carmen Gurruchaga.

Desde 2000 formou parte do diario El Mundo,[8] onde foi subdirectora da área Política e escribiu unha columna diaria. En 2005 foi nomeada adxunta ao director Pedro J. Ramírez posto que abandonou en xuño de 2015. Durante 2015-2016 mantivo a súa relación con elmundo.es publicando regularmente os seus artigos de análise política.

Desde 2004 até 2018 colaborou co programa de Televisión Española Os almorzos de TVE, desde 2006 en Madrid opina (até 2011) e Alto e claro de Telemadrid e desde 2009 en Una mirada a El Mundo, de Veo.

En radio traballou en Onda Cero con La Brújula, entre 2001 e 2002 e posteriormente fíxoo en COPE. Ademais, desde marzo de 2005 até xaneiro de 2007, tivo un blog político en elmundo.es.

En 2008 conduciu unha continuación do documental A Transición, que levou por título O camiño da liberdade e abarca a historia de España entre 1978 e 2008. Entre 2015 e 2019, foi presidenta da Asociación da Prensa de Madrid.[1]

En 2016, xunto con Casimiro García Abadillo participou na fundación do diario dixital El Independiente,[2][3] do que foi adxunta ao director até a súa morte.[2][9] Desde novembro de 2015 até novembro de 2019 foi presidenta da Asociación da Prensa de Madrid.[8][10] Formou parte da primeira xunta directiva da Academia de Televisión e das Ciencias e Artes do Audiovisual de España.[6]

Relación con Galicia[editar | editar a fonte]

Filla do xornalista ourensán Adolfo Prego de Oliver, e sobriña do pintor Manuel Prego de Oliver, en 2014 recibiu, de mans do entón presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, o Premio Ourensanía 2014.[11]

Premios[editar | editar a fonte]

Obtivo numerosos premios e recoñecementos ao longo da súa vida profesional, como os Premios APM de Honra en 2013.[1][12] Tamén obtivo Premio Víctor de la Serna 1995, no equipo de "La Transición" de TVE, Premio de Periodismo El Correo 1995, Antena de Oro 1995, Premio Europeo de Periodismo 2000, Premio Fundación Independiente de Periodismo Camilo José Cela 2013, Medalla de Prata de Documentais Históricos do Festival de Nova York, Premio Luca de Tena 2015 ou o Premio Clara Campoamor do Concello de Madrid 2015.[1]

En 2018, foi investida como doutora honoris causa pola Universidade Rei Juan Carlos, a proposta do Departamento de Ciencias da Comunicación e Socioloxía.[1]

En 2018, foi galardoada co Premio Nacional de Televisión, que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, pola súa traxectoria[3] xornalística desempeñada en todo tipo de medios de comunicación.[13]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Así se hizo la Transición (1995).
  • Presidentes (1995).
  • Diccionario de la Transición (1999).

Traxectoria en televisión[editar | editar a fonte]

  • Redacción Noite (1977-1978) en TVE.
  • Al cierre (1981-1982) en TVE.
  • El arte de vivir (1982-1987) en TVE.
  • Españoles (1983) en TVE.
  • Debate (1987) en TVE.
  • La Transición (1993) en TVE.
  • Un momento por favor (1994) en Telemadrid e Canal Sur.
  • El Primer Café (2000-2003) en Antena 3.
  • Los desayunos de TVE (2005- ) en TVE.
  • Madrid opina (2007- ) en Telemadrid.
  • Veo la Democracia (2009-2010) en Veo7

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Victoria Prego de Oliver Tolívar (Madrid, 1948-2024)". apmadrid.es (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Palmero, Fernando (2024-05-01). "Muere a los 75 años Victoria Prego, periodismo y compromiso bajo el espíritu de la Transición". elmundo.es (en castelán). Consultado o 2024-05-01. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Redacción (1 de maio de 2024). "Muere a los 75 años Victoria Prego, la periodista que retrató la Transición". elindependiente.com (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2024. 
  4. Redacción (2018-05-10). "Victoria Prego, Premio Nacional de Televisión 2018". El País (en castelán). Consultado o 2024-05-01. 
  5. Redacción (1983-04-11). "Guerra, entrevistado en directo en el programa 'Españoles'". elpais.com (en castelán). Consultado o 2024-05-01. 
  6. 6,0 6,1 Redacción (2018-03-30). "La periodista Victoria Prego hospitalizada tras sufrir un ictus". efedocanalisis.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 2024-05-01. 
  7. Redacción (1993-12-02). "Victoria Prego dirigirá un debate para Telemadrid y Canal Sur". elpais.com (en castelán). Consultado o 2024-05-01. 
  8. 8,0 8,1 Petit, Quino (1 de maio de 2024). "Muere la periodista Victoria Prego, retratista de la Transición". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2024. 
  9. García-Abadillo, Casimiro (2024-05-01). "Victoria Prego, in memoriam". elindependiente.com (en castelán). Consultado o 2024-05-01. 
  10. APM (2015-11-20). "Victoria Prego gana las elecciones de la APM con el grueso de la candidatura de Carmen del Riego". apmadrid.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2015. Consultado o 2024-05-01. 
  11. Redacción (2024-05-01). "Faleceu a xornalista Victoria Prego". nosdiario.gal. Consultado o 2024-05-01. 
  12. "Palmarés del Premio APM de Honor". apmadrid.es (en castelán). Consultado o 2024-05-01. 
  13. Redacción (2018-05-10). "Victoria Prego, Premio Nacional de Televisión 2018". elpais.com (en castelán). Consultado o 2024-05-01.