Un mapa do lar
Un mapa do lar | |
---|---|
Título orixinal | A Map of Home |
Autor/a | Randa Jarrar |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Nuova Antologia Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 2008 2015 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 288 |
ISBN | ISBN 978-84-943230-8-9 |
Tradución | Moncho Iglesias |
[ editar datos en Wikidata ] |
Un mapa do lar[1] (en inglés: A Map of Home) é unha novela escrita por Randa Jarrar publicada no ano 2008. O libro conta a historia dunha rapaza chamada Nidali, a versión feminina de Nidal, que quere dicir "loita".[2] A Map of Home é un conto de maduración, que conta a historia de Nidali en Kuwait, Exipto e nos Estados Unidos.[2]
Ambientado durante a invasión de Kuwait de 1990 e co conflito árabe-israelí como pano de fondo, a novela explora os problemas de Nidali e da súa familia, aludindo á pregunta de que quere dicir "lar" e á identidade da personaxe.
Foi traducido ó galego por Moncho Iglesias[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2015.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Un mapa do lar. Traducido por Moncho Iglesias (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2015. ISBN 978-84-943230-8-9 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ 2,0 2,1 Jadallah, Dina (2010). "A Map of Home". Arab Studies Quarterly. Consultado o 27 de xullo de 2015.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 34. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.