Tucho de la Torre
Tucho de la Torre | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio de la Torre Muñoz | ||
Nacemento | 4 de xullo de 1939 | ||
Lugar de nacemento | Marín | ||
Falecemento | 18 de setembro de 2017 | ||
Lugar de falecemento | Marín | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1957–1960 | Celta de Vigo | 25 | (0) |
1957–1958 | → Racing de Ferrol (cedido) | 22 | (2) |
1960–1962 | Sevilla | 11 | (0) |
1962–1963 | Zaragoza | 6 | (0) |
1963–1964 | Deportivo da Coruña | 2 | (0) |
1965–1966 | Badajoz | 21 | (6) |
1966–1969 | Cádiz | 91 | (3) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Antonio de la Torre Muñoz, nado en Marín o 4 de xullo de 1939 e finado na mesma vila o 18 de setembro de 2017[1], foi un futbolista galego, que xogaba como centrocampista, coñecido como Tucho de la Torre.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar na categoría infantil no campo da Escola Naval Militar de Marín. Con 13 anos emigrou coa súa familia a Venezuela, onde xogou nos equipos Colonia Canaria e Banco Obrero. Nesa etapa foi disputou un torneo en Haití. Na súa mocidade practicou tamén boxeo, natación e esgrima.
Con 17 anos regresou a Galicia, e na campaña 1957-58 fichou polo Celta de Vigo, se ben foi cedido ao Racing de Ferrol. Na tempada seguinte debutou co equipo vigués, se ben descenderon a segunda división. Na tempada 1959-60 o equipo rematou segundo na liga regular, e antes dos partidos da promoción de ascenso anunciouse o seu traspaso ao Sevilla FC xunto con Juan Manuel, por un pago dun millón e medio de pesetas polos dous xogadores. Xogou en primeira división co Sevilla e logo pasou ao equipo filial. Despois fichou polo Real Zaragoza, Deportivo da Coruña, CD Badajoz e Cádiz CF.
Retirada e recoñecemento[editar | editar a fonte]
Despois de deixar o fútbol dedicouse á hostalaría. En 1970 abriu na súa vila natal a cafetería Xeitosa, na que traballou até a súa xubilación en febreiro de 2006. En 2015 o concello de Marín concedeulle un dos seus premios aos mellores deportistas locais en recoñecemento á súa traxectoria e ao seu apoio ao deporte base. Desde este ano a Escola de Fútbol Vila de Marín organiza un torneo de fútbol-8 prebenxamín e benxamín que leva o seu nome.
Equipos[editar | editar a fonte]
- Racing de Ferrol (1957-58; 2ª División; cedido polo Celta)
- Celta de Vigo (1958-60)
- Sevilla FC (1960-61; primeira división)
- Sevilla Atlético (1961-62; 3ª división)
- Real Zaragoza (1962-63; 1ª división)
- Deportivo da Coruña (1963-64; 2ª división)
- Racing de Ferrol (1964-65; 3ª división)
- CD Badajoz (1965-66; 2ª división)
- Cádiz CF (1966-70; 2ª e 3ª división)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Loito no deporte marinense polo falecemento do ex-futbolista Tucho de la Torre", artigo en Pontevedra Viva, 19 de setembro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Tucho de la Torre, ficha en Yo jugué en el Celta (en castelán).
- Tucho de la Torre, ficha en BDFútbol (en castelán).