Tofua
Coordenadas: 19°45′00″S 175°04′00″O / -19.75, -175.06666666667
Tofua | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Tonga |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | |
Linguas | |
Poboación (1996) | 5 hab. |
Superficie | 55´63 km² |
Densidade | |
Maior altura | 507 m |
Localización | |
Tofua (transcrito antigamente como Amattafoa) é unha illa e un volcán do reino de Tonga. Está situado ao leste do grupo Ha'apai (grupo Gálvez), a 26 km ao nordés de Kotu e 155 km ao norte de Tongatapu.
Xeoloxía[editar | editar a fonte]
A illa é a caldeira dun volcán activo que sobresae 507 metros da auga. A illa ten 8 km de diámetro e no interior do cráter ten un lago pechado de 4 km que só está a 20 metros sobre o nivel do mar. A temperatura da auga do lago é de 25 °C no inverno. A superficie total é de 55,63 km².
Historia[editar | editar a fonte]
Cando foi descuberto en 1774 por James Cook, estaba en actividade. As erupciones históricas rexistradas son dos anos: 1774, 1792, 1854, 1885, 1906 e 1958. Actualmente o volcán segue activo con fumarolas intermitentes no norte do lago. En 1854 o rei Tupou ordenou o traslado dos habitantes de Tofua á illa Kotu. Algúns foron volvendo e hoxe en día hai dúas vilas. No censo de 1996 rexistrábanse 5 habitantes permanentes. Ocasionalmente recibe as visitas de aventureiros atraídos pola escalada e a experiencia de bañarse no lago dun cráter activo.
En augas de Tofua produciuse o amotinamiento do HMS Bounty cando volvía de Tahití en 1789. O capitán William Bligh e os seus seguidores foron abandonados nunha barca. Intentaron desembarcar en Tofua pero foron atacados polos indíxenas. Desde aquí fixeron unha viaxe épica de 6.500 km ata Timor.