Terra!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terra!
LocalidadeRedondela
editar datos en Wikidata ]

Terra! foi un periódico publicado en Redondela en 1933.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano quincenario do Grupo Galeguista de Redondela, apareceu o 16 de abril de 1933. Saía o primeiro e terceiro domingo de cada mes. Estaba dirixido por Avelino Cal Fernández. Publicado integramente en galego. Ademais dos contidos políticos e propagandísticos, publicou textos literarios de Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e Ramón Cabanillas. O último número saíu o 25 de xullo de 1933.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]