Tasco é unha vila e concello do departamentocolombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Valderrama. Tasco atópase no Altiplano Cundiboyacense a unha altitude que varía dende os 2400 metros ata os 3800 metros. O río Chicamocha flúe polo municipio, que limita con Socha polo norte, con Corrales e Gámeza polo sur, con Socotá polo leste e con Betéitiva e Paz de Río polo oeste. O centro urbano atópase a unha altitude de 2530 metros e a 115 quilómetros da capital do departamento, Tunja.[1]