Sulma Arias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1953 (71 anos) A Rúa de Valdeorras, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Maxisterio |
Actividade | |
Ocupación | poetisa |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá |
María Asunción Arias Arias, nada en Fontei (A Rúa de Valdeorras) o 7 de marzo de 1953, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense pola especialidade de ciencias físicas, matemáticas. Ao rematar, traballou como artesá no barro e na madeira. Tras unha estadía en Barcelona, onde participou no movemento de renovación pedagóxica de Cataluña, regresou no 1985 a Galiza. Retomou o ensino en 1990, e acabou sendo xubilada por enfermidade no 1994, tras unha estadía nas oficinas da Delegación da Consellería de Educación en Ourense.
Desde ese momento, colaborou cos movementos alternativos na Universidade de Vigo, foi coordinadora da campaña polo topónimo de Ourense, tesoureira da Mesa pola Normalización Lingüística, vicepresidenta da Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas, e participou tamén en Redes Escarlata e Amigos da República. Creou unha editorial propia, A pena d'agua Edicións, conduciu o programa de radio A Voz no Tempo en Onda Cero e colabora, actualmente, co periódico O Sil desde a súa residencia en Roblido, A Rúa.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Muller de vidro, 2002, Deputación de Ourense.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sulma Arias na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.