Soutomaior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSoutomaior
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°20′19″N 8°34′22″O / 42.3386, -8.5727Coordenadas: 42°20′19″N 8°34′22″O / 42.3386, -8.5727
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
CapitalO Rial Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.603 (2023) Editar o valor em Wikidata (304,12 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie25 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude239 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataManuel Lourenzo Sobral (2023–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Soutomaior Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36691 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE36053 Editar o valor em Wikidata

Páxina websoutomaior.gal Editar o valor em Wikidata
Facebook: ConcellodeSoutomaior Twitter: Soutomaior_ofi Instagram: concellodesoutomaior_oficial Editar o valor em Wikidata

Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2021 tiña 7.482 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soutomaiorense».

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 7.482 (2021)
Menores de 15 anos 1.180 (15,77 %)
Entre 15 e 64 anos 4.926 (65.84 %)
Maiores de 64 anos 1.376 (18.39 %)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.

O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non venta demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.

Economía[editar | editar a fonte]

Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.

Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio retallista, empresas de transportes e restaurantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.

En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.

A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa)[1].

Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.

Unha vez había dous bois que xa eran moi velliños e que traballaran xuntos toda a súa vida. O amo vendeunos para matar e tiveron que arredarse para sempre... E din que no intre da despedida díxolle un ó outro:
-Adeus, meu compañeiro, e deica a feira de Soutomaor.
(Na feira de Soutomaor había mercado de coiros)
Castelao: "Manter un animal para comelo" (Cousas)

.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Soutomaior

Arcade (Santiago) | Soutomaior (San Salvador)

Lugares de Soutomaior[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Soutomaior vexa: Lugares de Soutomaior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández de la Cigoña Núñez, E.: Cruces, cruceiros e petos do concello de Soutomaior. AGCE, 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]