Sofie Lithenius
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1847 Turku, Finlandia |
Morte | 1926 (78/79 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandia |
Actividade | |
Ocupación | compositora , profesora de música |
Lingua | Lingua sueca e lingua finesa |
Sofie Lithenius, nada o 24 de abril de 1847 en Turku (Finlandia) e finada na mesma cidade o 11 de marzo de 1926, foi unha mestra e compositora finlandesa. Lithenius xogou un importante papel na historia da música vocal finlandesa, así como no ensino musical no seu país.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sofie Lithenius naceu o 24 de abril de 1847 en Turku, daquela no Gran Ducado de Finlandia e actualmente en Finlandia. Seu pai Henrik Lithenius era un mestre torneiro e frautista afeccionado. Seu irmán Anton tamén tiña inclinacións musicais, xa que tocaba o violín na casa. A pesar de que lle prohibiran facelo, Sofie probou ambos instrumentos. A fascinación da nena pola música levouna a soñar con ser unha música profesional, aínda que a inviabilidade económica, xunto coa falta de apoio de seus pais ás súas aspiracións imposibilitaron a materialización do seu soño.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Koivisto, Nuppu (25 de setembro de 2020). "A celebration of historical Finnish women who wrote music, Part 6: Sofie Lithenius" (en inglés). Finnish Music Quarterly. Consultado o 21 de novembro de 2020.