Saltar ao contido

Slater Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSlater Martin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Condado de Walker, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de outubro de 2012 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónNorthside High School (en) Traducir
Universidade de Texas en Austin Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso77 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor em Wikidata - 1960 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNCAA Division I men's basketball (en) Traducir e National Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Los Angeles Lakers
- New York Knicks
1943-1949 Texas Longhorns men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 99168787 Editar o valor em Wikidata

Slater Nelson "Dugie" Martin, Jr., nado o 22 de outubro de 1925 en El Mina, Texas, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante once tempadas na NBA. Con 1,78 metros de altura, xogaba na posición de base.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos Longhorns da Universidade de Texas. Comezou en 1943, pero tivo que servir ao seu país na segunda guerra mundial na Armada dos Estados Unidos, regresando en 1947. Na súa tempada sénior tivo unha media de 16 puntos por partido, sendo elixido All-American.[1] No total da súa carreira tivo unha media de 12,7 puntos por partido.[2] En 1947 levou o seu equipo á Final Four da NCAA, onde caeron en semifinais.[3]

Profesional[editar | editar a fonte]

Non entrou en ningún draft, pero incorporouse á disciplina de Minneapolis Lakers na tempada 1949-50, onde destacou pola súa velocidade e pola súa habilidade defensiva. Foi considerado a mellor base da época, e o primeiro en correr o contraataque.[4] Xogou durante sete tempadas e media nos Lakers, compartindo equipo con xente como George Mikan, Jim Pollard ou Vern Mikkelsen, cos que gañou catro títulos da NBA.

Mediada a tempada 1956-57 foi traspasado a St. Louis Hawks a cambio de Walt Dukes, un xogador de 2,13 metros de altura, mais que con todo achegou moi pouco ao xogo dos Lakers. En St. Louis acabou a súa carreira profesional, xogando durante tres anos e medio e gañando o seu quinto anel de campión en 1958, colaborando con 12,0 puntos e 3,8 rebotes por partido. Retirouse en 1960, cunha media de nas súas 11 tempads 9,9 puntos, 4,2 asistencias e 3,4 rebotes por encontro nas súas once tempadas.

En 1982 foi incluído no Basketball Hall of Fame, sendo o único Longhorn en conseguilo.

Equipos[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Durante 8 partidos foi xogador-adestrador dos St. Louis Hawks na tempada 195657. Dez anos máis tarde exerceu como adestrador do equipo da ABA Houston Mavericks durante tempada e media, clasificando ao equipo para os play-offs no seu primeiro ano, onde perderon 3-0 en primeira rolda.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Slater "Dugie" Martin bio" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  2. "Top 100 Moments in Texas Men's Basketball History". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2008. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  3. "Slater N. Martin profile". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2007. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  4. Minneapolis Lakers (1947-1960). O Reinado de George Mikan[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]