Screaming Fields of Sonic Love é un álbum recoplilatorio da banda estadounidense de rock alternativoSonic Youth, editado o 25 de abril de 1995 a través do selo DGC Records. Os temas están sacados dos seus principais álbums dos 80, pero están ordenadas en orde cronolóxica inversa á súa edición, comezando coas cancións do Daydream Nation, lanzado en 1988, e rematando coas do seu traballo homónimo de 1982. O lanzamento deste recompilatorio coincidiu coa aparición dunha colección de vídeos musicais co mesmo nome, que contén todos os videoclips da banda dos anos 80.