Sílvia Alcàntara i Ribolleda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1944 (80 anos) Puig-reig (España franquista) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Sílvia Alcàntara i Ribolleda, nada en Puig-reig (Berguedà) en 1944, é unha escritora catalá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Vive en Terrasa desde mediados da década de 1960. Desde comezos da década de 1990 participou na Aula de Lletres en Barcelona para aprender técnicas de escritura literaria, e completa a súa formación no Ateneu Barcelonès.
En 2009 publicou a súa primeira novela, Olor de Colònia, editada por Edicions de 1984, que evoca a vida dunha colonia téxtil a mediados do século XX e as envelenadas relacións sociais, a combinación de despotismo e condescendencia que rexía a súa vida. Nacer, vivir, reproducirse e morrer entre as paredes dunha fábrica que vai máis alá do centro de traballo, que é tamén escola igrexa, tenda e vivenda. A novela recibiu os premios QWERTY BTV (2009), Regió7 (2009) e Joaquim Amat-Piniella (2010), e foi finalista do Premio Llibreter de narrativa (2009)[1]
En 2012 rodouse a miniserie Olor de colònia, unha produción de Diagonal TV e Televisió de Catalunya baseada na novela homònima.[2]
Novelas[editar | editar a fonte]
- Olor de Colònia (Edicions de 1984, 2009)
- La casa cantonera (Edicions de 1984, 2011)
- Els dies sense glòria (Edicions de 1984, 2016)[3][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sílvia Alcàntara: ‘Escriure m’ha salvat la vida’" (en catalán). Consultado o 2017-01-31.
- ↑ El Punt Avui, ed. (9/10/2013). "L'ànima de la colònia". Consultado o 11/11/2013.
- ↑ Nopca, Jordi (9 de xaneiro de 2016). "Novetats 2016: escalfant motors per a Sant Jordi". Ara.
- ↑ "Crítica | Acte de fe". El País (en catalán). 2016-07-02.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sílvia Alcàntara, na web da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana.
- Sílvia Alcàntara no proxecto de entrevistas Lletres i Memòria.
- Sílvia Alcàntara, no proxecto LletrA da Universitat Oberta de Catalunya e o Institut Ramon Llull.