Richard Clarke
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1949 (74 anos) Dublín, Irlanda |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Grupo étnico | Pobo irlandés |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Educación | Trinity College Dublín King's College de Londres |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Richard Lionel Clarke, nado o 25 de xuño de 1949 en Dublín, é un eclesiástico da Igrexa de Irlanda (Comuñón Anglicana), dende 2012 arcebispo de Armagh e primado de dita igrexa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no Trinity College da Universidade de Dublín, e posteriormente no King's College de Londres. Foi ordenado diácono en 1975 e sacerdote en 1976. Exerceu o seu ministerio pastoral inicialmente en Holywood, durante dous anos, e posteriormente volveu a Dublín.
Foi elixido e consagrado bispo da diocese de Meath e Kildare en 1996. En 2012 foi elixido para suceder a Alan Harper como arcebispo de Armagh, e tomou posesión da sé o 15 de decembro de 2012.
Enviuvou en 2009. Ten dous fillos.