Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rexión de Amhara (en amhárico : አማራ ; ʾÄmara ) é unha das nove divisións étnicas de Etiopía , sendo o fogar dos amháricos . Outrora coñecida como "Rexión 3", a súa capital é Bahir Dar . O meirande corpo de auga de Etiopía, o lago Tana , que é a fonte do río Nilo Azul , atópase na rexión de Amhara. A rexión tamén contén o Parque nacional de Simien , que inclúe Ras Dashan , o punto máis alto do país. Amhara limita co Sudán polo oeste e o noroeste, e coas rexións etíopes de Tigray polo norte, de Afar polo leste, Benishangul-Gumuz polo suroeste e Oromia polo sur.
O goberno de Amhara componse do poder executivo, liderado polo presidente, o poder lexislativo que comprende o Consello de Estado e o poder xudicial, liderado pola Corte Suprema do estado.