Revista Compostelana de Instrucción y Recreo
Revista Compostelana de Instrucción y Recreo | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua castelá |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Revista Compostelana de Instrucción y Recreo foi unha publicación editada en Santiago de Compostela entre 1876 e 1877.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Primeira etapa[editar | editar a fonte]
Apareceu o 2 de outubro de 1876. Fundada e dirixida por Eduardo Mosquera Montes, coa inspección do bispo Miguel Payá y Rico. Entre os seus redactores figuraban José María Montes, Eduardo Álvarez Pertierra, Juan Barcia Caballero, Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, José Varela Silvari, Clara Corral, Antonio López Ferreiro e Emilia Pardo Bazán. Trataba temas de arte, historia, viaxes, literatura etc. Publicou un poema relixioso en galego, de Bernardo Barreiro. Cesou a súa publicación o 23 de xuño de 1877.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Compostelana". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.