Reggie Lewis
Reggie Lewis | |
---|---|
Posición | Aleiro |
Dorsal | 35 |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Nacemento | 21 de novembro de 1965 Baltimore, Maryland |
Morte | 27 de xullo de 1993 (27 anos) Waltham, Massachusetts |
Carreira | |
Universidade | Northeastern University |
NBA Draft | 1987 / Rolda: 1 / Elección: 22 Por Boston Celtics |
Tempadas | 1987–1993 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 7 902 (17,6 pp) |
Rebotes | 1 938 (4,3 pp) |
Asistencias | 1 153 (2,6 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Reggie Lewis, nado o 21 de novembro de 1965 en Baltimore (Maryland) e finado mentres adestraba dun ataque ao corazón o 27 de xullo de 1993, na Universidade de Brandeis, en Waltham (Massachusetts) foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Dous anos máis tarde do seu falecemento, o xornal The Wall Street Journal publicou que a causa da súa morte puido ser debida ao consumo de cocaína, pero este feito nunca foi probado.[1]
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
A súa traxectoria universitaria transcorreu en Boston, na Northeastern University' onde fixo unhas excelentes cifras de 22,2 puntos e 7,9 rebotes por partido, o cal lle permitiría dar o salto á NBA.
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido no draft da NBA de 1987 polos Boston Celtics, no posto 22 da primeira rolda. Chegou a xogar coas grandes estrelas dese equipo, como Larry Bird, Kevin McHale ou Robert Parish, xa no final das súas carreiras. En 1993 sucedeu a Bird no posto de capitán, e no seu primeiro partido de play-offs, contra Charlotte Hornets, sufriu un desmaio, sen chegar a saber que aquel fora o seu último partido como profesional. Pouco máis tarde, falecería vítima dun ataque ao corazón.
A súa camiseta co número 35 foi retirada como homenaxe á súa persoa polos Celtics. O seu espírito seguiu vivo ao crearse, tras a súa morte, o "Reggie Lewis Track and Athletic Center", do cal foi parcialmente fundador, e que desenvolve atletas en disciplinas como o atletismo e o baloncesto. Durante as súas 6 tempadas en Boston, fixo 21,5 puntos, 5,3 rebotes e 3,1 asistencias por partido.
Equipos[editar | editar a fonte]
Logros persoais[editar | editar a fonte]
- Elixido para o All-Star Game en 1992.
- Único xogador nos 59 anos de historia dos Celtics en conseguir, na mesma tempada, máis de 100 puntos, rebotes, asistencias, roubos de balón e tapóns (tempada 91-92).
- A súa camiseta co número 35 foi retirada polos Boston Celtics.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Report: Doctors Suspected That Cocaine Killed Celtics' Lewis". archive.seattletimes.com. Consultado o 2021-02-23.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Estatísticas de Reggie Lewis Arquivado 25 de marzo de 2010 en Wayback Machine.
- Lembrando a Reggie Lewis, en NBA.com