Refundación Comunista Sanmarinesa
Refundación Comunista Sanmarinesa Rifondazione Comunista Sammarinese | |
---|---|
Partido político de San Marino | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Angelo Della Valle |
Filiación internacional | Partido da Esquerda Europea |
Historia | |
Fundación | 1992 |
Disolución | 2012 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo |
Outros datos | |
Sede | Via Ca' dei Lunghi, 70/A – Borgo Maggiore |
Na rede | |
www.sxun.org | |
A Refundación Comunista Sanmarinesa (en italiano: Rifondazione Comunista Sammarinese, RCS) foi un partido político comunista de San Marino, foi membro da Esquerda Europea.
Creouse en 1992, cando o antigo Partido Comunista de San Marino se uniu xunto o Partido Democrático Progresista de San Marino e outros partidos nun único.
Nas eleccións xerais de 2001 o RCS conseguiu un 3.4% dos votos, mentres que nas do 2006 aumentou ata o 8.7% e logrou cinco escanos no Consello Grande e Xeral e como parte da Esquerda Unida, incluíndo o Partido de esquerda, unha escisión do Partido dos Demócratas. Dende entón formou parte da coalición de goberno 2006–2008 xunto co Partido dos Socialistas e dos Demócratas e Alianza Popular, ata que as tensións entre o seu grupo e os demais provocou que a coalición comezara a desintegrarse.
Nas eleccións parlamentarias de 2008, Esquerda Unida, o grupo político da Refundación Comunista, formou parte de Riforme e Libertà, unha coalición electoral que conseguiu 25 dos 60 escanos do Consello Grande e Xeral logrou o 45.78% dos votos, pero non obtivo a maioría política. A Refundación Comunista Sanmarinesa conseguiu uns poucos escanos e unha pequena porcentaxe do voto nacional como parte de Esquerda Unida que conseguiu 5 escanos e o 8.75% do voto nacional.
Durante a lexislatura, Esquerda Unida foi reestructurada pasando d ser unha alianza a ser un partido político, absorbendo a Refundación Comunista Sanmarinesa.