Río das Gándaras
Río das Gándaras | |
---|---|
País | España |
País | Galicia |
Conca | Río Tambre |
Bacía do río Tambre marcada en azul escuro | |
O río das Gándaras é un curso fluvial galego, afluente do río Tambre pola marxe dereita.
Toponimia[editar | editar a fonte]
Unha «gándara» fai referencia a un terreo baixo, areento, húmido e improdutivo, onde só medra a maleza. Procedería da palabra prerromana ganda, que significa «pedregal».[1]
Percorrido[editar | editar a fonte]
Nace e morre no concello de Vilasantar. O seu nacemento atópase preto de Ril, na parroquia de Barbeito. Atravesa toda esa parroquia así como a de Mezonzo e remata desembocando no río Tambre, preto do Batán. No seu camiño recibe as augas do río das Cernadas, así como doutros regatos menores, e tamén fai mover o mecanismo dun dos poucos batáns que se conservan na Península[2], e que aínda funciona (agora como pequeno museo), na aldea a que dá nome, O Batán.
Unha ruta de sendeirismo chamada Ruta dos Muíños acompaña o curso do río.
Afluentes[editar | editar a fonte]
- Río das Cernadas, desemboca preto de Viladarcas, pola marxe esquerda.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega II. Real Academia Galega. pp. 857, 918. ISBN 978-84-87987-85-4. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2020. Consultado o 09 de outubro de 2020.
- ↑ "O batán, onde a la perdía o seu peso" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río das Gándaras |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Saavedra Penas, Jacinta (2011). Ingenios hidráulicos preindustriales: molinos, batanes y aserraderos a lo largo del río das Gándaras, Vilasantar (PDF) (Informe) (en castelán). Universidade da Coruña.