Río Grande, ría de Camariñas
Río da Ponte ou do Porto | |
---|---|
A Ponte do Porto | |
País | España |
Comunidade Autónoma | Galicia |
Nacemento | Pico de Meda, Vilarqueimado |
Lonxitude | 40 km |
Conca | 305 km² |
Desembocadura | Ría de Camariñas |
Altitude desembocadura | 0 m |
Cuncas dos ríos que desembocan na ría de Camariñas, en azul | |
O río Grande, río do Porto ou río da Ponte é un río galego da vertente atlántica que nace no Pico da Meda, na parroquia de Santa Sabiña.[1]
Nome[editar | editar a fonte]
Nos mapas de Galicia anteriores ao século XIX o río aparece denominado como río da Ponte. Na Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán (1834) aparece como "río del Puerto", denominación habitual a partir dese momento. Nun traballo de Ramón Otero Pedrayo en A Nosa Terra (1925) aparece por primeira vez a denominación en galego río do Porto.
A primeira mención ao nome "río Grande" é no Mapa Topográfico Nacional de 1959.
Descrición[editar | editar a fonte]
- Percorrido
Percorre 40 km polos concellos de Santa Comba, Zas, Vimianzo e Camariñas. As principais localidades que atravesa son Baio e A Ponte do Porto.
- Afluentes
Recibe as augas dun bo número de regatos como o río do Sisto, o río de Zas ou de Lamas e o río de Vilar ou de Xora.
Intervención humana[editar | editar a fonte]
No río do Grande atópanse os batáns de Mosquetín. Entre as pontes que o cruzan destaca a de Baio.
Próximo á desembocadura aproveitouse un forte desnivel para construír un encoro, do que sae unha canle cara á central de Carantoña.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Batáns do Mosquetín
-
Carta xeométrica de Galicia
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Lema Suárez, Xosé Mª; Domínguez Rial, Evaristo; Fernández Carrera, Xan; Mouzo Lavandeira, Roberto; Rei Lema, Xosé Mª (2010). A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Xerais. ISBN 978-84-9914-163-3.