Promax Electrónica
Promax Electrónica S.L. | |
---|---|
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1963 Barcelona, España |
Localización | C/ Francesc Moragas, 71 08907 L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) España |
Fundador | José Clotet |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Electrónica Telecomunicacións DVB |
[ editar datos en Wikidata ] |
PROMAX electrónica é unha empresa de telecomunicacións e electrónica fundada en Barcelona en 1963 por José Clotet. Os primeiros instrumentos desenvolvidos por Promax incluían equipos para xerar sinais de televisión e radio e analizadores de espectros para medir e comprobar a calidade do sinal.
Factura uns 20 millóns de euros en 100 países[1].
Historia[editar | editar a fonte]
Promax iniciouse no mercado fabricando instrumentos electrónicos de laboratorio. O primeiro equipo deseñado foi un xerador de sinal de televisión, un voltímetro e unha fonte de alimentación. Todos eles comezaron a comercializarse un ano despois da fundación da empresa.
En anos posteriores a empresa entrou no mercado cos primeiros osciloscopios, medidores de campo para radio e televisión, xeradores de baixa frecuencia, xeradores AM/FM etc. Tódolos equipos funcionaban a válvulas.
Promax mantén un investimento constante en I+D de preto do 15% do total da facturación.
Produtos[editar | editar a fonte]
Promax fabrica máis de 200 produtos electrónicos de medición e control.
- Instrumentación
- Equipamento para fibra óptica
- Equipos profesionais de televisión e radio
- Equipos electrónicos para ensino
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web de Promax (en varias linguas)
- Blog de Promax (en castelán)