Professional Women's Hockey League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Professional Women's Hockey League (en inglés)
Ligue professionnelle de hockey féminin (en francés)

 
DeporteHóckey sobre xeo
FundaciónAgosto de 2023
País Canadá (3 equipos)
Estados Unidos de América Estados Unidos (3 equipos)
RexiónAmérica do Norte
Equipos6
Actual campiónPWHL Minnesota (1º título)
Máis laureadoPWHL Minnesota (1 título)
TelevisiónCanadá: CBC, Sportsnet, TSN
Estados Unidos: Varios
Internacional: YouTube
Sitio webhttps://www.thepwhl.com/en/
PWHL 2023–24

A Professional Women's Hockey League ou PWHL (en francés Ligue professionnelle de hockey féminin ou LPHF) é unha liga profesional feminina de hóckey sobre xeo do Canadá e os Estados Unidos. É propiedade e está operada na súa totalidade por Mark Walter Group. A liga foi fundada en 2023 e está integrada por seis equipos, tres de cada un dos países, que xogan unha liga regular para determinar que catro equipos disputan os play-offs que determinan o equipo campión.

Equipos[editar | editar a fonte]

Nome Cidade Estadio Capacidade Director/a xeral Adestrador/a Capitá
PWHL Boston Lowell, MA Tsongas Center 6 003 Danielle Marmer Courtney Kessel Hilary Knight
PWHL Minnesota Saint Paul, MN Xcel Energy Center 17 954 Natalie Darwitz Ken Klee Kendall Coyne Schofield
PWHL Montréal Laval, QC Place Bell 10 062 Danièle Sauvageau Kori Cheverie Marie-Philip Poulin
Montreal, QC Verdun Auditorium 4 114
PWHL New York Bridgeport, CT Total Mortgage Arena 8 412 Pascal Daoust Howie Draper Micah Zandee-Hart
Elmont, NY UBS Arena 17 255
PWHL Ottawa Otava, ON TD Place Arena 8 585 Michael Hirshfeld Carla MacLeod Brianne Jenner
PWHL Toronto Toronto, ON Mattamy Athletic Centre 3 850 Gina Kingsbury Troy Ryan Blayre Turnbull

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
2024-25 -
2023-24 Minnesota 3 - 2 Boston - Toronto

Asistencia[editar | editar a fonte]

Na súa tempada inaugural a PWHL bateu varios récords de audiencia. O 27 de xaneiro de 2024, durante o partido que disputaron Montreal e Ottawa no Place Bell de Laval (Quebec) rexistrouse a maior audiencia a un partido profesional de hóckey sobre xeo feminino no Canadá logo de rexistrar 8 646 persoas nas bancadas.[1] Posteriormente, no Little Caesars Arena de Detroit superouse o récord de asistencia a un partido feminino nos Estados Unidos de América con 13 736 persoas nas bancadas durante a vitoria de Boston fronte a Ottawa o 16 de marzo de 2024.[2] O 16 de febreiro de 2024 superouse un novo rexistro de asistencia cando 19 285 persoas presenciaron en directo no Scotiabank Arena de Toronto o partido entre Toronto e Montreal.[3] Con todo, o maior fito da competición chegou o 20 de abril de 2024, cando 21 105 persoas encheron o Bell Centre de Montreal durante o partido entre o equipo local e Toronto, converténdose deste xeito no partido máis visto na historia do hóckey sobre xeo feminino.[4]

Radiodifusión[editar | editar a fonte]

Internacionalmente a liga pode seguirse vía streaming a través da canle da súa canle oficial de YouTube. No Canadá a canle de televisión Sportsnet foi a primeira en confirmar que emitiría algúns partidos da competición, e pouco despois anunciouse que TSN e RDS, esta última con programación en lingua francesa, retransmitirían partidos da liga regular e dos play-offs. O 1 de xaneiro de 2024, TSN deu cobertura ao partido inaugural da PWHL entre New York e Toronto, que finalizou coa vitoria (4-0) do equipo estadounidense.[5] Nos Estados Unidos, a liga está dispoñible rexionalmente en Bally Sports North, NESN, SportsNet Pittsburgh e MSG Network.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "GAME RECAP: MURPHY SCORES WINNER, DESBIENS MAKES 43 SAVES AS MONTRÉAL BEATS OTTAWA IN FRONT OF RECORD-BREAKING CROWD" (en inglés). ThePWHL.com. 27 de xaneiro de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  2. "GAME RECAP: KNIGHT SCORES, ADDS SHOOTOUT WINNER AS BOSTON DEFEATS OTTAWA IN FRONT OF RECORD-BREAKING CROWD IN DETROIT" (en inglés). ThePWHL.com. 16 de marzo de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  3. "PROFESSIONAL WOMEN’S HOCKEY LEAGUE BREAKS ALL-TIME ATTENDANCE RECORD FOR WOMEN’S HOCKEY" (en inglés). ThePWHL.com. 16 de febreiro de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  4. "PROFESSIONAL WOMEN’S HOCKEY LEAGUE (PWHL) SETS WORLD RECORD FOR ATTENDANCE" (en inglés). ThePWHL.com. 20 de abril de 2024. Consultado o 11 de maio de 2024. 
  5. Saleh, Tariq (2 de xaneiro de 2024). "TSN, RDS, and Sportsnet land PWHL rights; Air Canada, Rogers named partners". Sportcal (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024. [Ligazón morta]
  6. "Professional Women's Hockey League announces national broadcast partnerships for inaugural 2024 season". CTV News (en inglés). 29 de decembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2024. Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  7. Shircliff, Elaine (31 de decembro de 2023). "How to Watch the Inaugural PWHL Season" (en inglés). fullpresshockey.com. Consultado o 31 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]