Primitivo Rodríguez Sanjurjo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1880 Ourense, España |
Morte | 20 de decembro de 1947 (66/67 anos) Lugo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Raquel Salgado |
Primitivo Elio Rodríguez Sanjurjo, nado en Ourense en 1880 e finado en Lugo o 20 de decembro de 1947, foi un intelectual e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procedía dunha familia de Pobra de Seabra. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid. En 1920 marchou a Estados Unidos de América para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do século XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). Catedrático de instituto en Baeza e Ourense, en 1932 obtivo a praza de catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo.
Experto en mitoloxía e astroloxía (introduciu a Vicente Risco no orientalismo), e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu nos membros da Xeración Nós, especialmente en Otero Pedrayo, cos que compartiu parladoiros e conferencias no Ateneo de Ourense.
Colaborou en La Centuria co pseudónimo de Beta Herculis. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en 1921 con Raquel Salgado, filla de Francisco Salgado López-Quiroga.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
- Las mesetas ideales, 1910.
- Escenas de gigantomaquia, 1923.
- Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias, 1925.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vida Gallega, 5-11-1921, p. 18.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vázquez-Monxardín Fernández, A. e Arias Chachero, P. (2016): Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su eplistolario con Otero Pedrayo.