Premio da Crítica de narrativa galega
O Premio da Crítica de narrativa galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora a que se considera mellor obra en prosa escrita en galego, publicada no ano anterior (a partir de 1978 os premios adxudícanse sempre ao ano seguinte da publicación dos libros).
Premiados[editar | editar a fonte]
- 1976: Carlos Casares, por Xoguetes pra un tempo prohibido.
- 1977: Non se concedeu por regulación de datas.
- 1978: Xoán Ignacio Taibo, por Homes de ningures.
- 1979: Álvaro Cunqueiro, pol' Os outros feirantes.
- 1980: Xavier Alcalá, por Fábula.
- 1981: Alfredo Conde, por Breixo.
- 1982: Víctor Freixanes, pol' O triángulo inscrito na circunferencia.
- 1983: Camilo Gonsar, por Desfeita.
- 1984: Alfredo Conde, por Xa vai o grifón no vento.
- 1985: Lois Xosé Pereira, pol' As horas de cartón.
- 1986: Antón Risco, por Memorias dun emigrante.
- 1987: Ricardo Carvalho Calero, por Scórpio.
- 1988: Víctor Freixanes, pol' O enxoval da novia.
- 1989: Manuel Rivas, por Un millón de vacas.[1]
- 1990: Xavier Queipo, por Ártico.
- 1991: Xosé Luís Méndez Ferrín, por Arraianos.
- 1992: Salvador García-Bodaño, pol' Os misterios de monsieur d'Allier.
- 1993: Suso de Toro, por Tic-tac.
- 1994: Xurxo Borrazás, por Criminal.
- 1995: Xesús Manuel Valcárcel, por Capitán Lobo Negro.
- 1996: Carlos Casares, por Deus sentado nun sillón azul.
- 1997: Xosé Carlos Caneiro, por Un xogo de apócrifos.
- 1998: Manuel Rivas, pol' O lapis do carpinteiro.
- 1999: Xosé Luís Méndez Ferrín, por No ventre do silencio.
- 2000: Suso de Toro, por Non volvas.
- 2001: Xosé Vázquez Pintor, pol' A memoria do boi.
- 2002: Carlos Casares, pol' O sol do verán.
- 2003: Xabier López, por A vida que nos mata.
- 2004: Xesús Constela, pol' As humanas proporcións.
- 2005: Teresa Moure, por Herba moura.
- 2006: Manuel Rivas, pol' Os libros arden mal.
- 2007: Luís Rei Núñez, pol' O señor Lugrís e a negra sombra.
- 2008: Marcos Calveiro, por Festina lente.
- 2009: Xabier Quiroga, pol' O Cabo do mundo.
- 2010: Víctor Freixanes, por Cabalo de ouros.
- 2011: Antón Riveiro Coello, por Laura no deserto.
- 2012: Begoña Caamaño, por Morgana en Esmelle.
- 2013: Anxos Sumai, por A lúa da colleita
- 2014: Xabier Quiroga, por Zapatillas rotas.
- 2015: Manuel Rivas, por O último día de Terranova.
- 2016: Isaac Xubín, por Non hai outro camiño.
- 2017: Emma Pedreira, por Bibliópatas e fobólogos.
- 2018: Antón Lopo, por Extraordinario.
- 2019: Berta Dávila, por Carrusel.
- 2020: Inma López Silva, por O libro da filla.
- 2021: Diego Ameixeiras, por O cervo e a sombra.
- 2022: Brais Lamela, por Ninguén queda.[2]
- 2023: Manuel Veiga Tabaoada, por Perder a bestas.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ José Méndez (25 de maio de 1990). "Manuel Rivas: "Galicia es el trópico en la niebla"". El País (en castelán).
- ↑ Diario, Nós (2023-04-28). "Yolanda Castaño e Brais Lamela fanse cos Premios Nacionais da Crítica". Nós Diario. Consultado o 2023-04-28.
- ↑ Diario, Nós (2024-04-13). "Antón Lopo e Manuel Veiga, gañadores dos Premios da Crítica en poesía e narrativa". Nós Diario. Consultado o 2024-04-13.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vilavedra, Dolores, ed. (2004). Diccionario da Literatura Galega. Termos e institucións literarias IV. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-656-8.