Portal:Segunda Guerra Mundial/Personalidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Winston Churchill en 1942

Sir Winston Leonard Spencer-Churchill, nado no pazo de Blenheim, na comarca de Oxford, o 30 de novembro de 1874 e finado en Londres o 24 de xaneiro de 1965, foi un político e escritor británico, coñecido polo seu liderado no Reino Unido durante a Segunda Guerra Mundial. Así mesmo desempeñou labores de periodista, soldado e pintor, isto último no seu lecer. Foi gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1953.