Pilar Charro Salgado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vigo |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica |
Pilar Charro Salgado, nada en Vigo, foi unha das primeiras universitarias da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pilar era filla de Aniceto Charro, catedrático da Facultade de Farmacia da USC, e de Pilar Salgado Urtiaga. [1] Pilar estudou na Facultade de Farmacia de Santiago, onde presentou no ano 1974 o seu traballo de doutoramento titulado: “Contribución a la historia de la farmacia en Galicia: formulaciones dispensadas en Orense a finales del siglo XVI”.[2][3] Traballou como xefa de Sección do Servizo de Farmacia na Residencia Sanitaria Nosa Señora do Cristal de Ourense.[1]
Pilar Charro desempeñou o posto de delegada da Consellería de Sanidade na provincia de Ourense entre os anos 1987 e 1990 no goberno de González Laxe. [1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Pintos (2016)
- ↑ Salgado, María del Pilar Charro (1974). "Contribución a la historia de la farmacia en Galicia: formulaciones dispensadas en Orense a finales del siglo XVI" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ Arias, Beatriz Brasa (2011). "La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971)" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pintos Barral, Xoana (2016). As Mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960 (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. p. 676.
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.