Picaraño
Picaraño | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Picaraño foi un periódico publicado en Entrimo entre 1909 e 1910.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico Republicano Radical Revolucionario, apareceu o 1 de xuño de 1909. Tiña como lema "Su misión es zurrar la badana". Publicábase os días 15 e 30 de cada mes. O seu director e propietario era Vicente González. De contido anticlerical, asume como propia a tríade ideolóxica da Revolución Francesa, "libertad, igualdad, fraternidad". Tiña colaboradores correspondentes en Lisboa, Buenos Aires, Salamanca e Bande. Publicou poemas de Aureliano J. Pereira e Curros Enríquez.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. p. 161. ISBN 84-505-5721-6.
- "Entrimo tivo, a principios de século, un xornal de seu" (PDF). Todo Entrimo (Concello de Entrimo) (4): 5–6. 1993. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2014.
- "Picaraño, O". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- O 'Picaraño', periódico republicano, radical, revolucionario do Entrimo Arquivado 14 de xuño de 2014 en Wayback Machine.