Saltar ao contido

Paul Bartsch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaul Bartsch
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1871
Tuntschendorf, Silesia, Imperio alemán
Morte24 de abril de 1960
McLean, Virxinia
Lugar de sepulturaGlenwood Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Profesor emérito
1946 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade de Iowa
Coñecido porser o inventor dunha das primeiras cámaras subacuáticas
Actividade
Campo de traballoMalacoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmalacólogo, carcinólogo
EmpregadorUniversidade George Washington
Smithsonian Institution
Membro de
AlumnosSui Fong Chen (en) Traducir e Benjamin Goodwin Chitwood Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1 de xaneiro de 1933Johnson-Smithsonian Deep-Sea Expedition, 1933 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBartsch Editar o valor em Wikidata

Paul Bartsch, nado o 14 de agosto de 1871 en Tuntschendorf, Silesia, Imperio alemán, e finado o 24 de abril de 1960, foi un malacólogo e carcinólogo estadounidense,[1] coñecido por ser o último dos pertencentes á "Idade Descritiva da Malacoloxía".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paul Bartsch emigrou cos seus pais aos Estados Unidos en 1880, primeiro a Missouri e logo a Burlington, Iowa. Cando era neno comezou a traballar no seu tempo libre en varios empregos. Pronto se interesou pola natureza, primeiro mantendo un pequeno taller na casa e, durante os seus anos de instituto, recolleu paxaros e preparou peles. Estableceu un club de historia natural na súa casa cun pequeno museo e o taller. Cando ingresou na Universidade de Iowa, en 1893, xa recollera 2 000 peles.

Entre os seus profesores da Universidade estaban o xeólogo Samuel Calvin, os botánicos Thomas H. Macbride e Bohumil Shimek e o zoólogo Charles C. Nutting. Acadou o B.S. en 1896, o M.S. en 1899 e o doutoramento en 1905.[3]

Foi profesoror da Universidade George Washington e comisario da Smithsonian Institution de 1914 a 1945.

Inventou, en 1922, unha das primeiras cámaras subacuáticas.

Taxons nomeados por Bartsch[editar | editar a fonte]

Paul Bartsch propuxo 3 278 taxons, dos cales 2 979 foron de novas especies e subespecies e 299 son nomes supraespecíficos. Destes, 1 257 publicáronse xunto con outros autors. Estes taxons, excepto tres, eran todos de moluscos.[4]

Taxons nomeados en homenaxe a Paul Bartsch[editar | editar a fonte]

A especie lura de Bartsch (Uroteuthis bartschi) foi nomeada na súa honra por Harald A. Rehder.

O WoRMS enumera 61 taxa co epíteto, bartschi, moitos dos cales convertéronse en sinónimos.

Unha especie e unha subespecie de lagartos do Caribe foron nomeadas na súa honra: Anolis bartschi e Cyclura carinata bartschi.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Bartsch emprégase para recoñecer a Paul Bartsch como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paul Bartsch, 1871–1960 | the Conchological Society of Great Britain and Ireland". 
  2. Boss, Kenneth J.; Joseph Rosewater & Florence A. Ruhoff (1968): "The Zoological Taxa of William Healey Dall". United States National Museum Bulletin '287.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  4. Ruhoff 1973.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ruhoff, Florence A. (1973): "Bibliography and Zoological Taxa of Paul Bartsch". Smithsonian Contributions to Zoology nº 143.