Paul Auster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaul Auster

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 2024 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Columbia High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, filoloxía inglesa, Literatura comparada, filme, dirección de cine, film screenwriting (en) Traducir, translation from French (en) Traducir e translation into English (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , escritor , autobiógrafo , dramaturgo , libretista , músico , crítico , profesor universitario , poeta , director de cinema , ensaísta , lingüista , novelista , tradutor , editor literario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoProsa Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioPaul Benjaminn Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSiri Hustvedt (1982–2024), morte da persoa
Lydia Davis (1974–1977), divorcio
FillosDaniel Auster (pt) Traducir
 () Lydia Davis (pt) Traducir
Sophie Auster (pt) Traducir
 () Siri Hustvedt Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webpaul-auster.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000808 Allocine: 22187 Rottentomatoes: celebrity/paul_auster_4 Allmovie: p188298 TV.com: people/paul-auster
Facebook: auster.paul Bitraga: 790 Last fm: Paul+Auster Musicbrainz: aa8f33f2-18c2-4617-be17-ad8231a950b3 Discogs: 476763 Allmusic: mn0002055384 Editar o valor em Wikidata

Paul Auster, nado en Newark (Nova Jersey) o 3 de febreiro de 1947 e finado en Nova York o 30 de abril de 2024,[1] foi un escritor estadounidense. Parte da súa obra está ambientada na cidade de Nova York. Na súa mocidade traduciu poesía francesa, e foi tamén poeta antes de orientarse cara á novela. Ten traballado tamén para o cine; seus son os guións de Smoke, Blue in the Face e Lulu on the Bridge. Mentres residía en Brooklyn obtivo o Premio Médicis en 1993 pola novela Leviatán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seus pais naceran xa nos Estados Unidos, aínda que eran orixinarios da Europa Central. O seu contacto cos libros é bastante prematuro, grazas á biblioteca dun tío seu que era tradutor. Comeza a escribir aos 12 anos, antes mesmo de descubrir o béisbol, que tanto aparece nas súas novelas. Entre 1965 e 1967 estuda na Universidade de Columbia literatura francesa, italiana e inglesa. Empeza a traducir a autores franceses como Dupin e Du Buchet e viaxa a París. Volveu en 1967 para evitar ir á Guerra de Vietnam, tratará de traballar no cine a pesar de suspender o exame de ingreso ao IDHEC. Escribiu guións para películas mudas que nunca se rodaron, mais que descubriremos máis tarde na súa novela O libro das ilusións.

Durante os dez anos seguintes o traballo será duro. Escribiu artigos para revistas, comezou as primeiras versións de Viaxe de Ana Blume e d'O palacio da lúa; traballa nun petroleiro, e de volta a Francia vivirá tres anos, de 1971 a 1974, grazas ás súas traducións de Mallarmé, Sartre ou Simenon; tamén escribe poesías e obras de teatro dun acto.

En 1979, xusto despois de divorciarse e de tentar sen éxito de publicar unha novela policíaca baixo o pseudónimo de Paul Benjamin (Bala falsa), a morte do seu pai proporciónalle unha pequena herdanza que o saca de apuros e o inspira para escribir A invención da soidade. Coñece a novelista Siri Hustvedt, coa que casa en 1981.

Comézase a recoñecer a Paul Auster entre os escritores importantes. Entre 1986 (ano no que se publica Cidade de cristal) e 1994 (Mr. Vertigo), saen do prelo novelas maiores como O palacio da lúa e Leviatán. Volve ao cine e adapta xunto ao director Wayne Wang o seu relato curto de O conto de Nadal de Augie Wren. Smoke e Brooklyn Boogie estréanse en 1995. O mesmo Auster é quen dirixe Lulu on the bridge (1997), que é mal recibido pola crítica.

Volve á novela con Tombuctú (1999), O libro das ilusións (2002), A noite do oráculo (2004) e Brooklyn Follies (2005). No ano 2006 recibe o Premio Príncipe de Asturias das Letras. Un ano despois estrea a súa segunda película, The Inner Life of Martin Frost e publica o seu libro Viaxes no Scriptorium.

Obra[editar | editar a fonte]

Paul Auster é, por excelencia, o escritor do azar e da continxencia. Persegue, no cotián, as bifurcacións que nacen de acontecementos aparentemente anódinos. Isto sucede n'A música do azar, e sobre todo en Leviatán na súa excepcional escena central. O seu estilo é aparentemente sinxelo, grazas ao seu traballo e coñecemento da poesía, mais agocha unha complexa arquitectura narrativa, composta de digresións, de historias na historia e de espellismos (O conto de Nadal de Augie Wren).

Tamén describe a perda, o apego ao diñeiro, o vagabundeo (n'O palacio da lúa, cuxa personaxe central se chama Marco Stanley Fogg, nunha especie de unión destes tres grandes viaxeiros). Cuestiónase a identidade, en especial na Triloxía de Nova York na que unha das súas personaxes que non é o narrador) se chama coma el; en Leviatán, na que o narrador ten as súas iniciais (Peter Aaron) e coñece a unha muller chamada Iris, (anagrama da súa esposa Siri), ou n'A noite do oráculo, onde unha personaxe se chama Trause (anagrama de Auster).

Títulos publicados[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Disappearances: Selected Poems (1988)
  • Ground Work (1990)
  • Selected Poems (1998)
  • Collected Poems (2004)

Guións de cine[editar | editar a fonte]

Ensaios, memorias e autobiografías[editar | editar a fonte]

Escolmas[editar | editar a fonte]

  • The Random House Book of Twentieth-Century French Poetry (1982)
  • True Tales of American Life (Publicado primeiramente co título I Thought My Father Was God, and Other True Tales from NPR's National History Project) (2001)

Traducións[editar | editar a fonte]

Miscelánea[editar | editar a fonte]

Influencias[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista, a preguntas de Joseph Mallia, enumerou os escritores que lle influíron nos seus inicios como escritor, e a opinión que tiña sobre varios dos mesmos:

Kafka e Beckett. Ambos tiveron un grande impacto sobre min. A influencia de Beckett foi tan forte que case non podo saír dela. Entre os poetas sentíame moi atraído pola poesía contemporánea francesa e dos obxectivistas americanos, particularmente George Oppen, que se converteu no meu amigo. E o poeta alemán Paul Celan, que na miña opinión é o mellor poeta da post-guerra en calquera idioma. Dos poetas vellos, estaban Hölderlin e Leopardi, os ensaios de Montaigne e Don Quixote, de Cervantes, que segue sendo unha gran fonte para min”.

Notas

  1. Sánchez-Vallejo, María Antonia (1 de maio de 2024). "Muere a los 77 años el escritor estadounidense Paul Auster". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]