Ovella galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovella galega

Descrición da ovella galega.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Caprinae
Xénero: Ovis
Especie: Aries
Orixe da raza
Orixe da raza

Orixe da raza

A ovella galega é unha raza de ovellas de orixe galega. Clasifícase dentro da rama de produtoras de la entrefina, cuxo antergo é o Ovis aries celtibericus. O número de exemplares desta raza en Galicia medrou notablemente nos últimos anos.[1] No ano 2012 o número total de exemplares era de 4.548 (3.862 femias e 686 machos) distribuídos en 110 explotacións gandeiras.[2]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

A área de distribución, que outrora abranguía practicamente toda Galicia, aparece dispersa en núcleos por toda a xeografía galega. A maior concentración da raza atópase en Ourense, metade sur de Lugo e o oeste de Pontevedra.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

É un animal de pequeno tamaño, de perfil recto e proporcións medias. A súa capa é de cor branca uniforme ou negra. A forma dos cornos dos machos adoptan formas de espiral dobre, ben desenvolvidos. Nas femias, cando se presentan, son xeralmente rudimentarios.

Existen dous ecotipos diferentes, un denominado "Mariñano" ou das zonas baixas e outro de "Montaña". O primeiro ecotipo ten máis peso corporal (35-40 quilos as femias e 50-70 os machos) que o segundo (20-35 quilos as femias e 35-45 os carneiros).

Explotación[editar | editar a fonte]

O seu uso produtivo principal é na produción cárnica. A raza posúe unhas características únicas que a fan axeitada para a explotación en extensivo: rusticidade, gran resistencia a enfermidades, fertilidade. Ademais é unha gran produtora de leite e ten un excelente carácter maternal.

Os sistemas de explotación son extensivo ou semiextensivo. No ecotipo Mariñano atopamos rabaños por baixo dos 5 animais. Nas zonas altas, onde se explota a de Montaña, na provincia de Lugo o normal é que o rabaño teña teña entre 25 e 40 ovellas, e nas montañas de Ourense, os rabaños chegan ós 100 ou 200 exemplares.

Ovellas galegas no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

Evolución da poboación[editar | editar a fonte]

Ano Femias Machos Total Ganderías
2009 2 776 450 3 226 80
2010 3 359 589 3 948 96
2011 3 603 643 4 246 102
2012 3 862 686 4 548 110
2013 4 036 738 4 774 108
2014 3 816 519 4 335 108
2015 3 671 684 4 355 91
2016 3 787 605 4 392 98
2017 3 691 628 4 319 99
2018 4 035 812 4 847 102
2019 4 511 1 160 5 671 104
2020 4 435 1 010 5 445 110
2021 4 228 1 179 5 407 108
2022 4 485 900 5 385 95
Gráfica de evolución demográfica da ovella galega entre 2009 e 2022
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Berenguela.com". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2012. Consultado o 09 de febreiro de 2013. 
  2. "da raza de ovella galega mo 2012.". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 09 de febreiro de 2013. 
  3. "Aplicación ARCA". servicio.mapa.gob.es/arca. Consultado o 31 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]