Nouria Benghabrit-Remaoun
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1952 (72 anos) Oujda, Marrocos |
Education Minister of Algeria (en) | |
5 de maio de 2014 – 1 de abril de 2019 ← Abdelatif Baba Ahmed (en) – Abdelhakim Belaabed (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alxeria |
Educación | University of Oran (en) Universidade Paris-Cité (pt) |
Actividade | |
Ocupación | política , socióloga , escritora |
Lingua | Lingua francesa e árabe |
Nouria Benghabrit (en árabe نورية بن غبريط), nada en Oujda (Marrocos) o 5 de marzo de 1952, é unha política, socióloga e investigadora alxeriana. Foi Ministra de Educación entre 2014[1] e 2019. O seu rigor e a súa man dereita á hora de tomar decisións, especialmente fronte aos sindicatos, valéronlle o alcume de «Dama de ferro»[2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa familia é de Tlemcen, orixinaria de Al-Andalus[3]. O seu marido é de orixe mourisca, sendo o patronímico Remaoun derivado da arabización do antropónimo castelán Ramón[4].
É filla do muxahidin Djilali Benghabrit, finado en 2007, e neta do irmán de Si Kaddour Benghabrit, fundador da Gran Mesquita de París[5].
En 1973 licenciouse en Socioloxía pola Universidade de Orán, e nese mesmo ano comezou a impartir docencia en dita universidade. En 1976 foi nomeada xefa do departamento de Socioloxía[6], e en 1977 obtivo o diploma de estudos avanzados en socioloxía da educación, especializándose na problemática da orientación escolar e profesional. Foi membro activo do Comité Universitaire de Volontariat (CUV) que mobilizou o estudantado para explicar ao campesiñado a campaña da Revolución Agraria[7]. En 1982 doutorouse pola Universidade París V . Tras a súa creación en 1985 foi membro da Unité de Recherche en Anthropologie Sociale et Culturelle (URASC). Tamén dirixiu[8],[9] o Centre national de recherche en anthropologie sociale et culturelle (CRASC)[10],[11], desde a súa creación en 1992 até o seu nomeamento como ministra. Como tal, está considerada unha ministra tecnócrata, alén de calquera militancia política. En 2002 e 2005 foi elixida, por dous mandatos sucesivos de tres anos, membro representante de África do Norte no Comité executivo do Conseil pour le développement de la recherche en sciences sociales en Afrique (CODESRIA). De 2003 a 2006 foi presidenta do comité árabe da Unesco para o ensino superior[12], e como tal, membro do comité mundial do foro da Unesco para o ensino superior, a investigación e o coñecemento. De 2007 a 2010 foi vicepresidenta do consello de administración do Institut Africain de la Gouvernance (IAG)[13].
En 2012, logo do seu nomeamento por parte do Secretario Xeral das Nacións Unidas, uniuse ao comité de políticas de desenvolvemento para un mandato de tres anos. Foi a primeira alxeriana en ser membro deste comité, mais dado que dito comité debe presentar ao Consello económico e social das Nacións Unidas análises e opinións independentes[14], renunciou logo de ser nomeada ministra.
En xullo de 2015, coa reforma do seistema educativo do país, viuse envolta en polémica por mor da inclusión do árabe alxeriano na escola, seguindo as recomendacións do uso de linguas maternas. Debido á situación de diglosia existente no país, houbo protestas por intentar substituír o árabe clásico[15][16]. En 2017 un decreto do seu Ministerio prohibiu o uso do niqab e o velo integral nos centros escolares de Alxeria[17].
Obra[editar | editar a fonte]
- (en árabe) L'avenir des sciences sociales dans le monde arabe, édité et présenté par: Sari Hanafi, Nouria Benghabrit-Remaoun et Mustapha Mejahdi, Centre d'études de l'union arabe, Centre national de recherche en anthropologie sociale et culturelle et l'Association arabe de sociologie, 2015, 493 p.
- L’École : enjeux institutionnels et sociaux, Crasc, 2013
- La difficile articulation formation professionnelle/emploi, p. 361, éd. Karthala, 2010
- Le système LMD (Licence-Master-Doctorat) en Algérie : de l’illusion de la nécessité au choix de l’opportunité, JHEA/RESA Vol. 7, 2009
- L’Algérie 50 ans après : état des savoirs en sciences sociales, 1954-2004, dir. Mustapha Haddab, Oran, éd. CRASC, 2008, ISBN 9789961813331[18]
- Enfance et socialisation, Revue algérienne d'Anthropologie et de Sciences sociales, p. 11-133, 2008
- Le préscolaire en Algérie: état des lieux et perspectives, p. 270, 2005, ISBN 9789961813188
- Où va l'Algérie, ch. 13, École et religion, p. 289-302, éd. Karthala, 2001, ISBN 2845861885
- L’école algérienne : transformations et effets sociaux, Casbah, 1998
- Rapports à l’institution scolaire chez les lycéens de terminale, Revue Insaniyat, p. 39-52, n°6, 1998
- Enseignement pré-scolaire : histoire d'un statut, Urasc, 1992
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ministre de l'Éducation nationale en premier-ministre.gov.dz (en francés).
- ↑ Sadek Belhocine (10 de febreiro de 2015). "Les élèves au repos forcé. La «Dame de Fer» défie les puissants syndicats de l'éducation nationale". Le Midi Libre (en francés).
- ↑ Hamza Ben Driss Ottmani, "Kaddour Benghabrit, un maghrebin hors du commun", capítulo I, páx. 13.
- ↑ Algérie .. controverse sur les «origines» juives d'une nouvelle ministre, sur Al Arabiya.net (en árabe)
- ↑ "Nouria Benghabrit à El Watan: «L'enseignement de tamazight doit être obligatoire»". El Watan (en francés). 29 de maio de 2014.
- ↑ (en árabe) حصة "حوار الساعة" لفريدة بلقسام (émission télévisée "Débat de l'heure") du 25 mars 2015, sur Algérie 3
- ↑ "Les Ministres se suivent et... (rarement ne) se ressemblent (pas!)". Bel Abbes Info (en francés). 15 de maio de 2014.
- ↑ ""Quel développement durable pour l'Algérie? Contribution à un débat", Portail de l'Unesco, P 12" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de novembro de 2016. Consultado o 08 de xullo de 2019.
- ↑ ""Session de travail 10: La déclaration de Kampala et les perspectives pour l'avenir", site web du Codesria". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2019. Consultado o 08 de xullo de 2019.
- ↑ La sociologie comme mode de décryptage des changements sociaux Arquivado 08 de xullo de 2019 en Wayback Machine. dans El Moudjahid du 22 mars 2012
- ↑ CRASC : les résultats des programmes de recherche PNR présentés Arquivado 04-01-2014 en Wayback Machine. dans El Watan du 22 décembre 2013
- ↑ Biographie de N. Bengharbrit-Remaoun sur le site de l'Unesco
- ↑ Nouria Benghebrit «fait le ménage» au ministère de l'éducation, Par Walid Ait Said Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. dans L'expression du 25 mai 2014
- ↑ Membres du Comité pour les Politiques de Développement
- ↑ "Attaquée par les islamo-conservateurs : Benghebrit ne démissionne pas". www.babalweb.net (en francés). Consultado o 2022-02-20.
- ↑ "Enseignement en « derja » : les partis islamistes se mobilisent contre Benghebrit. El Watan, du 29 aout 2015.". Arquivado dende o orixinal o 03-08-2015. Consultado o 08-07-2019.
- ↑ Safia Mjid, « Vidéo. L'Algérie interdit le voile intégral et le niqab dans les établissements scolaires », h24info.ma, 21 septembre 2017.
- ↑ critique de Aïcha Benamar in Revue algérienne d'Anthropologie et de Sciences sociales, p.93-97, n°43, 2009
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nouria Benghabrit-Remaoun |