Noelia Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNoelia Rodríguez

Presentación de Sons de baleas
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa , escritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Noelia Rodríguez, nada en Lisboa o 14 de outubro de 1977, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacida en Lisboa no seo dunha familia galega. Retorna a Galicia con tres anos, e pasa a súa infancia na aldea de Vilameá (Río Caldo, Lobios). Este tempo alimentará a súa linguaxe cunha variante do galego propia da Baixa Limia. Este feito marcará a súa escrita. Sendo estudante en Ourense, comezou a compoñer os seus primeiros escritos, ao tempo que formou parte da creación do Clube Literario Estudantil. Cursou estudos universitarios de Dirección de Empresas e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde continua escribindo e participando do ambiente artístico e literario da capital galega. Neste tempo participa en recitais poéticos e intégrase no Comité Teatro, colaborando de actriz e de coautora de textos ó longo de tres anos. Colabora con distintos medios tanto con achegas poéticas como con relatos breves. Actualmente reside en Santiago de Compostela.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Sons de baleas (Edição Calidum, 2003)[1]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Outras[editar | editar a fonte]

Ten no prelo un segundo poemario: Non te esquezas dos peixes vermellos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Calidum". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  2. "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  3. "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  4. "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]