Nemesio de Emesa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 350 |
Morte | c. 420 (69/70 anos) |
Bishop of Emesa (en) | |
Bispo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo , sacerdote |
Período de actividade | século IV - século V |
Lingua | Grego antigo |
Nemesio (en latín Nemesius, en grego Νεμέσιος ) foi un escritor grego. Suponse que foi bispo de Emesa, segundo a introdución da súa obra, e certamente era un cristián piadoso. A súa época é incerta pero tería vivido a finais do século IV e principios do século V, xa que o menciona Anastasio de Nicea e Nemesio menciona a Eunomio.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Escribiu Περὶ Φύσεως Ἀνθρώπον, 'De Natura Hominis' Sobre a natureza do home, un interesante tratado filosófico moi eloxiado por todos os que o mencionaron, que en ocasións foi atribuído a Gregorio de Nisa, erro que probabelmente xurdiu ao confundir este tratado co libro de Gregorio titulado Περι Κατασκυῆς Ἀνθρώπου, De Hominis Opificio.
Nemesio tamén gañou fama polos seus coñecementos de fisioloxía. Coñecía as funcións da bile e tamén sabía como funciona o sistema de circulación sanguínea[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1.Nemesius a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1152