Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña
Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña | |
---|---|
Acrónimo | MNACTEC |
Tipo | museo científico |
Campo de traballo | ciencia, técnica e património industrial |
Data de fundación | 1984 |
Director/a | Jaume Perarnau i Llorens |
Orzamento | 1401028 euros |
Premios | Narcís Monturiol Prize |
Localización | |
Sede | Terrasa e Vapor Aymerich, Amat i Jover |
Enderezo | Rambla d'Ègara, 270 |
En | Terrasa |
País | España |
41°33′55″N 2°00′29″L / 41.565414, 2.008052 | |
Na rede | |
http://www.mnactec.cat/, https://mnactec.cat/en, https://mnactec.cat/ca e https://mnactec.cat/es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña (en catalán: Museu de la Ciència i de la Tècnica de Catalunya) (coñecido co acrónimo mNACTEC) é unha institución museística que depende do Departameno de Cultura da Generalitat de Cataluña.[1]
O proxecto foi pensado e desenvolvido dende 1983 até 2013 por Eusebi Casanellas Rahola.[2] Dende 2013 está dirixido por Jaume Perarnau i Llorens.[3]
A súa sede central atópase en Terrasa (Vallès Occidental), nunha antiga fábrica téxtil da Rambla d'Ègara (no número 270) que é un dos principais exemplos de arquitectura modernista de Cataluña: o Vapor Aymerich, Amat i Jover, deseñado polo arquitecto Lluís Muncunill e construído entre 1907 e 1908.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Museus i Centres de Patrimoni Cultural a Catalunya. Barcelona: Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya. 2010. pp. p. 121. ISBN 84-393-5437-1.
- ↑ "Eusebi Casanellas es jubila i deixa la direcció del MNACTEC" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 03/03/2016. Consultado o 1/10/2014.
- ↑ "Jaume Perarnau director en funcions del MNACTEC". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña |