Monte Acibal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°31′15″N 8°36′05″O / 42.520833333333, -8.6013888888889 O monte Acibal é unha montaña galega, sita na área metropolitana de Pontevedra. Esténdese polos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña.[1] Acada unha altura de 573 metros sobre o nivel do mar. Dende o seu cumio pódense observar as rías de Pontevedra e Arousa en día despexados.

O terreo que circunda o Monte Acibal é abrupto e montuoso, porén, cara ao noroeste é chan. Este monte forma parte dos contrafortes da dorsal galega cara á costa, atopándose entre o val do río Lérez ao leste e a depresión meridiana ao oeste. O monte separa as concas dos ríos Lérez e Umia. Na súa aba suroeste atópase o encoro do Pontillón do Castro.

A densidade de poboación nos arredores do monte é de 239 persoas por quilómetro cadrado, é dicir, atópase nunha zona densamente poboada.[2] A gran cidade máis próxima ao monte é Pontevedra, a 10,6 km ao suroeste. A área ao redor do monte Acibal está case cuberta de bosque mixto.[3]

O clima é tépedo. A temperatura media é de 13 °C. O mes máis caloroso é xullo, con 21 °C, e xaneiro o máis frío, con 6 °C.[4] A precipitación media é de 1,807 milímetros ao ano. O mes máis chuvioso é xaneiro, con 261 milímetros de choiva, e o máis seco é xullo, con 32 milímetros.[5]

Na década de 2020 proxectouse a construción dun parque eólico neste monte, porén as obras foron paralizadas por orde do TSXG por afectar negativamente ao patrimonio natural.[6]

Climograma de Monte Acibal
XFMAMXXASOND
 
 
261
 
9
3
 
 
172
 
12
4
 
 
158
 
14
5
 
 
156
 
19
7
 
 
104
 
22
9
 
 
67
 
26
13
 
 
32
 
27
15
 
 
43
 
26
13
 
 
119
 
23
14
 
 
222
 
17
9
 
 
242
 
13
6
 
 
230
 
9
3
temperaturas en °Ctotais de precipitación en mm

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vecinos del entorno del Monte Acibal hallan una piedra de unas 14 toneladas cerca de las obras de un eólico". 29 de febreiro de 2024. 
  2. "NASA Earth Observations: Population Density". NASA/SEDAC. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2016. Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 
  3. "NASA Earth Observations: Land Cover Classification". NASA/MODIS. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2016. Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 
  4. "NASA Earth Observations Data Set Index". NASA. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 
  5. "NASA Earth Observations: Rainfall (1 month - TRMM)". NASA/Tropical Rainfall Monitoring Mission. Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 
  6. "La empresa eólica que explota el monte Acibal sigue trabajando pese a la paralización decretada por el TSXG". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-05-15.