Modalidade narrativa
En narratoloxía distínguense os seguintes tipos de modalidade narrativa:
- Estilo directo: É aquel en que se ofrece o diálogo en boca dos personaxes. É unha narración subxectiva que gaña en autenticidade e tensión narrativa.
- Estilo directo libre: Variante do estilo directo na que se reproducen as palabras ou o pensamento dun falante sen que haxa marca explícita de cita.
- Estilo indirecto: Transmisión literal das palabras dun personaxe.
- Estilo indirecto libre: O narrador transmite mediante a súa voz o que o personaxe dixo.
- Monólogo interior: Discurso sen receptor e non pronunciado. O personaxe deixa que o seu pensamento discorra para si mesmo.
- Monólogo citado: Transcrición directa no discurso novelístico do pensamento dun personaxe en forma de soliloquio
- Monólogo narrado: Representación do pensamento íntimo dun personaxe en terceira persoa mediante o estilo indirecto libre
- Psiconarración: O narrador omnisciente é o encargado de reflectir coas súas palabras un fluxo interior do personaxe