Mirah
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1974 (49 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Evergreen State College (en) |
Actividade | |
Ocupación | música , guitarrista , cantante , compositora de cancións |
Período de actividade | 1997 - |
Xénero artístico | Indie rock, indie pop, chamber pop (en) e Anti-folk (pt) |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | K Records Kill Rock Stars |
Páxina web | krecs.com… |
Mirah, nada como Mirah Yom Tov Zeitlyn en Filadelfia (Pensilvania) o 17 de setembro de 1974, é unha músico e compositora estadounidense baseada en Brooklyn, Nova York.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de comezar a súa carreira na escena de Olympia, Washington, a finais dos anos 90, publicou unha serie de álbums en solitaria a través de K Records que tiveron u ha boa recepción, como You Think It's Like This but Really It's Like This (2000) e Advisory Committee (2002). O seu álbum de 2009 (a)spera[1] chegou ao número 46 da lista Billboard Top Heatseekers, e o seu álbum colaborativo de 2011 Thao + Mirah chegou ao 7.[2] Mirah publicou once álbums en solitario e gravacións colaborativas, varios EPs e sinxelos en 7", e achegou temas a unha ampla variedade de recompilatorios. Mirah colaborou con artistas como Phil Elvrum de The Microphones, Tune-Yards, Susie Ibarra, Jherek Bischoff e Thao Nguyen.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Mirah Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-09.
- ↑ "Thao & Mirah". Billboard (en inglés). Consultado o 2023-10-09.