Minia Manteiga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 ![]() Negreira, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | investigadora ![]() |
Empregador | Universidade da Coruña (2018–) Universidade Johns Hopkins (2017–2017) Universidade da Coruña (1999–2018) Universidade de Vigo (1997–1999) Universidade de Vigo (1994–1997) Istituto nazionale di astrofisica (pt) ![]() Instituto de Astrofísica de Canarias (1986–1989) ![]() |
![]() ![]() |
Minia Manteiga Outeiro, nada en Negreira en 1963, é unha astrofísica galega.[1] En 2018 converteuse na primeira muller catedrática de Astrofísica de Galicia,[2] e en 2020 na primeira muller da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da Real Academia Galega das Ciencias.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Manteiga comezou a carreira de Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os tres primeiros cursos,e logo especializouse en Astrofísica na Universidade de La Laguna.[4] Realizou a súa formación doutoral no Instituto de Astrofísica das Canarias, e posdoutoral no Istituto di Astrofísica Spaziale (Frascati-Roma, Italia) e no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA, Madrid).[5]
Entre os anos 1994 e 1999, impartiu clase na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, e dende entón exerce como docente na Escola Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña.[6]
A súa investigación céntrase no estudo da evolución estelar, astrofísica espacial e a Big Data Astronomy. Forma parte do equipo galego da misión Gaia, da Axencia Espacial Europea (ESA), na que participan máis de 450 científicos e enxeñeiros doutros 23 países co obxectivo de elaborar un mapa preciso en 3D da Vía Láctea.[7] Entre outras labores, á fronte do equipo ten desenvolto un software que permite a clasificación de estrelas a partir dos datos obtidos. Está baseado nun algoritmo que usa redes neuronais artificiais.[8]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- En 2019 foi galardoada co Premio e-Woman á Traxectoria Profesional.[9]
- En 2021 foi elixida vicepresidenta da Sociedad Española de Astronomía.[10]
- En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Bravas. Científicas e artistas galegas da nosa historia" (PDF). 7H Cooperativa Cultural. Consultado o 3-8-2020.
- ↑ Rey, Manuel (2018-10-11). "Minia Manteiga, primeira catedrática de Astrofísica de Galicia". GCiencia. Consultado o 2020-08-03.
- ↑ Rey, Manuel (2020-03-06). "Minia Manteiga: "Darei todo o que poida para achegar a Astrofísica á sociedade"". GCiencia. Consultado o 2020-08-03.
- ↑ "La primera catedrática gallega en Astrofísica es de Barcala". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-08-03.
- ↑ "Ingreso de Minia Manteiga". Consultado o 2020-08-03.
- ↑ Referentes. "Minia Manteiga Outeiro". Executivas (en castelán). Consultado o 2020-08-03.
- ↑ Redacción (2016-09-14). "A misión Gaia obtén a primeira imaxe completa da Vía Láctea". GCiencia. Consultado o 2020-08-03.
- ↑ "Gaia descubre un sorprendente fenómeno: terremotos en las estrellas". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-06-13. Consultado o 2023-10-15.
- ↑ laopinióncoruña.es. "Minia Manteiga, premio a la Trayectoria Profesional by Caixabank". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2020-08-03.
- ↑ "Junta de la sea | Sociedad española de astronomía". www.sea-astronomia.es. Consultado o 2021-10-02.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mulleres ninguneadas na Ciencia no programa Vivir Aquí da TVG
- Vídeo da RTVE
- Biografía na exposición Astrónomas.