Menchu Álvarez del Valle
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María del Carmen Álvarez del Valle 16 de xaneiro de 1928 Santander, España |
Morte | 27 de xullo de 2021 (93 anos) Ribeseya, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Oviedo |
Ocupación | xornalista , locutor |
Período de actividade | 1947 - 1990 |
Empregador | Grupo PRISA RTVE |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | José Luis Ortiz Velasco |
Fillos | Jesús José Ortiz Álvarez |
Parentes | Letizia Ortiz (son's daughter (en) ) Víctor Elías Villagrasa (sobrinho-neto (pt) ) Telma Ortiz Rocasolano (son's daughter (en) ) Érika Ortiz Rocasolano (son's daughter (en) ) Leonor de Borbón (great-granddaughter (en) ) Sofía de Borbón (great-granddaughter (en) ) Carla Vigo (great-granddaughter (en) ) Filipe de Borbón e Grecia (husband of grand-daughter (en) ) Amanda (great-granddaughter (en) ) Erin (great-granddaughter (en) ) Francisco Rocasolano Camacho (consogro (pt) ) Enriqueta Rodríguez Figueredo (consogro (pt) ) |
Premios |
María del Carmen Álvarez del Valle, máis coñecida como Menchu, nada en Santander o 16 de xaneiro de 1928 e finada en Ribeseya o 27 de xullo de 2021,[1] foi unha xornalista radiofónica española e avoa paterna da raíña de España, Letizia Ortiz Rocasolano.
Biografía[editar | editar a fonte]
Considerada unha das voces máis populares da radio asturiana, tivo dúas irmás: María Flora (1921) e Marisol del Valle (1936), tamén xornalista radiofónica e profesora de comunicación audiovisual. A súa nai chamábase Plácida del Valle Arribas (1900-1993) e o seu pai, Eulalio Álvarez de la Fuente (1897-1983), foi ferroviario.
Naceu en Santander, pero viviu en Oviedo dende os dezaseis anos. Frecuentou a radio dende moi nova, iniciándose en Radio Asturias. En 1947 entrou en Radio Oviedo (despois REM), La Voz del Principado, Radiocadena Española e finalmente Radio Nacional de España. Durante 42 anos traballou ben como locutora, ben como creadora de novos espazos radiofónicos, destacando entre os seus programas Coser y cantar e Rumbo a la gloria. Prexubilouse en 1990. Ao longo da súa carreira recibiu múltiples galardóns.
Saltou á fama nacional por ser a avoa de Letizia Ortiz Rocasolano, tamén xornalista, cando esta anunciou o seu compromiso matrimonial co Príncipe de Asturias. O seu marido, José Luis Ortiz Velasco, representante da firma Olivetti, faleceu no seu domicilio de Sardéu, en Ribeseya (Asturias), o 30 de marzo de 2005 aos 82 anos.
Menchu recibiu o 13 de febreiro de 2013 o Premio Nacional de Radio; a súa irmá Marisol tamén foi galardoada na mesma edición, sendo o nome concreto do galardón que reciben Premio María Elena Domenech. O devandito premio é outorgado pola Academia das Artes e as Ciencias Radiofónicas de España.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ López, M. (27 de xullo de 2021). "Luto en Ribadesella por la muerte de Menchu Álvarez del Valle: "Nos hemos quedado huérfanos", aseguran sus amigos". La Nueva España (en castelán) (Ribeseya). Consultado o 27 de xullo de 2021.