Martes de carnaval (filme)
Martes de carnaval | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Martes de carnaval |
Director | Fernando Bauluz e Pedro Carvajal |
Produtor | Jaime Fernández-Cid |
Guión | Pedro Carvajal, Federico Llano e Xoán de Espadañedo |
Intérpretes | Fernando Guillén, Elisa Montés, Miguel Molina, Juan Diego, Ángela Molina, Laura Ponte Santasmarinas, Dorotea Bárcena |
Música | Manuel Balboa |
Fotografía | Tote Trenas |
Estrea | 20 de xuño de 1991 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Intriga, fantástica |
Martes de carnaval é unha película española rodada en Galicia, dirixida por Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, e estreada en 1991.
Argumento[editar | editar a fonte]
"Hoxe, Martes de carnaval, os cigarróns espreitan. Non se deixen levar pola súa danza de bestas en celo, porque cando se dean conta de que bailan ao son da morte, será tarde", escoita o escritor na radio ao empezar un día que pode ser fatal para el. Na súa vella casa de aldea galega trata de fuxir do fracaso matrimonial, do alcol e da falta de inspiración. O encontro cos cigarróns, inquietantes máscaras, provócalle estraños soños e abre as lembranzas dese outro Martes de Carnaval da súa xuventude que lle marcou o destino. Tamén hoxe debe acabar un relato sobre quen máis o amolan: a súa exmuller, o seu editor e a ama que o coida.
Elenco[editar | editar a fonte]
- Fernando Guillén como o escritor.
- Elisa Montés como a ama.
- Miguel Molina como o estudante.
- Juan Diego como o editor.
- Laura Ponte como a viúva.
- Ángel de Andrés como o sepultureiro.
- Dorotea Bárcena como a veciña.
- Rosa Álvarez como a nai do estudante.
- Nacho Castaño como Roxo.
- Santi Prego como Suso.
- Antonio Llopis como a morte.
- Mónica Molina como María del Campo.
- María Bouzas como María José.
- María Pujalte como Alba.
- Susana Dans como Susana.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán).
- Ficha do filme en IMDb (en inglés).